Fondos EU Next Generation
Presentación. Fondos Europeos. Next Generation
Entre os Fondos Comunitarios do presuposto da UE revisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos e tamén o Fondo de Cohesión.
Estes fondos atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actualmente cofinancia con axuda destes fondos diferentes proxectos cuxos eixes principais se centran na eficiencia enerxética e a redución de emisións de carbono, relacionados cos eixes principais, das Directivas Europeas a través dos distintos programas operativos.
Plan de recuperación, transformación e resiliencia
A aparición da pandemia do COVID-19 a comezos de 2020 tivo un importante impacto sobre a economía española, poñendo fin a máis de cinco anos de crecemento e levando a unha caída de actividade en moitos dos sectores económicos, algo ao que Galicia non é allea.
Adoptáronse medidas de apoio a empresas e familias, entre as que se enmarca o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado a través dos novos instrumentos comunitarios de financiación Next Generation EU.
O plan artellase en catro eixes: transición ecolóxica, transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero.
Estes eixes desenvólvense en 10 políticas palanca que á súa vez se dividen en varios compoñentes.
A primeira das políticas palanca é a denominada “Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura”. A segunda compoñente da mesma é a que se desenvolve neste informe: “Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana”.
As actuacións en materia de vivenda do plan reguláronse polo Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Ademais, o programa denominado PREE 5000 foi regulado polo Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.
Finalmente, o Real Decreto-lei 19/2021, de 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de recuperación, Transformacións e Resiliencia (BOE 6/10/2021) establece medidas fiscais e unha liña de avais a través do ICO
Programas xestionados polo IGVS
| Programas | Subprogramas |
| 1.- Programa de rehabilitación para a recuperación económica e social en contornas residenciais | 1.- Programa de axuda á rehabilitación a nivel de barrio |
| 2.- Programa de apoio ás oficinas de rehabilitación | |
| 3.- Programa de axudas ás actuacións a nivel de edificio | |
| 4.- Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas | |
| 5.- Programa de axuda á elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación | |
| 2.- Programa de construción de vivendas de alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes | |
| 3.- Programa de rehabilitación enerxética de edificios | Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE) |
| 4.- Programa de transición enerxética e reto demográfico | Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000) |
- Programas Next Generation
- Simulador de axudas IGVSNextCal
-
O simulador de cálculo IGVSNextCal, é unha ferramenta de axuda para impulsar a rehabilitación enerxética e conseguir vivendas más eficientes, más confortables térmicamente e mais respectuosas co medio ambiente. Como resultado proporcionará unha estimación das actuacións de rehabilitación necesarias para acadar as distintas axudas Next Generatión xestionadas polo IGVS, o importe destas actuacións, o importe das axudas, o investimento estimado e o custo de enerxía aforrado coas obras.
O obxecto desta ferramenta é proporcionar aos propietarios ou usuarios, unha información previa que lle axude a tomar a decisión de realizar as obras, para proceder ao encargo técnico para elaborar a documentación requirida para a presentación das solicitudes das axudas enmarcadas no plan de resiliencia para a realización das obras.
Para isto partirá dos datos existentes na aplicación Moviga, dispoñible na web do IGVS, recollidos do catastro, ano de construción, número de vivendas e a superficie estimada da envolvente exterior. Modeláronse os edificios de vivendas de Galicia en función das súas características construtivas, e tipificáronse distintos tipo de actuacións para acadar unha rehabilitación enerxética que cumpra os requisitos das axudas e das normativas técnicas en vigor.
A mentada ferramenta poderá utilizarse en móbiles, tabletas ou ordenadores dende a web, pinchando no icono ou na siguente ligazon: www.IGVSNextCal.gal
Tamén poderá descargarse como aplicación desde o App Store ou Google Play.
Ademais, conta cun directorio de empresas e profesionais, de carácter informativo e voluntario, para que se poidan inscribir libremente, entrando con certificado dixital dende a ligazón: directorio.igvsnextcal.gal
Para calquera incidencia con esta ferramenta o correo de contacto e: calidade.igvs [at] xunta.gal (calidade[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)
Plataformas Versións Canles Android API 16 (Android 4.1) & seguintes All iOS iOS 11 & seguintes All Web Chrome 84 & seguintes All Web Firefox 72.0 & seguintes All Web Safari en El Capitan & seguintes All Web Edge 1.2.0 & seguintes All Tódolas canles inclúen beta, master e stable channels.
Ligazóns relacionadas
- Outros Programas Europeos
Ligazóns relacionados
Guía de axudas a obras de rehabilitación de eficiencia enerxética