Depósito de fianzas
ACCESO APLICACIÓN de fianzaS - Réxime Xeral aCCESO aPLICACIÓN DE FIANZAS - Réxime Concertado ACCESO SEDE ELECTRÓNICA
FIANZAS DUNHA OLLADA
- A que contratos afecta?
-
- A os arrendamentos de vivenda.
- A os arrendamentos para uso distinto do de vivenda.
- A os arrendamentos de vivendas de tempada de duración superior a un mes e inferior a un ano.
- A os arrendamentos de industria ou negocio, cando impliquen tamén arrendamentos de local ou vivenda.
Exceptúanse da obriga do depósito de fianza:
- Os arrendamentos dunha praza de garaxe en exclusiva.
- Os arrendamentos de habitación.
- Os arrendamentos de tempada por período igual ou inferior a un mes.
- Os arrendamentos de industria ou negocio, cando teñan por obxecto a cesión do uso e explotación dun negocio completo, é dicir, unha unidade patrimonial con vida propia, susceptible de ser inmediatamente explotada.
- Os arrendamentos de predios urbanos sen edificación.
- Quen debe facer o depósito?
-
Deben depositar a fianza:
- Persoas arrendadoras e subarrendadoras de fincas urbanas.
- Persoas arrendadoras e subarrendadoras de industria que comporten cesión de uso das fincas.
- Empresas subministradoras de servizos.
- Cal é a súa contía?
-
- Arrendamentos de vivenda de duración igual ou superior a un ano: unha mensualidade de renda.
- Arrendamentos de uso distinto ao de vivenda: dúas mensualidades de renda (sen ter en conta IVE nin retencións). Considéranse arrendamentos de uso distinto ao de vivenda, entre outros, os de vivenda por tempada (sexa esta de verán ou de calquera outra) e os celebrados para exercer unha actividade industrial, comercial, artesanal, profesional, recreativa, asistencial, cultural ou docente, calquera que sexan as persoas que o celebren.
- Arrendamentos de industria ou negocio, cando impliquen tamén arrendamentos de local ou vivenda, a contía da fianza que se deberá depositar será equivalente a dúas mensualidades do aluguer estipulado.
-
Arrendamentos de vivendas de tempada de duración superior a un mes e inferior a un ano, o importe da fianza será a parte proporcional que corresponda en atención ao seguinte cálculo:
I. Contratos subscritos por períodos mensuais:
II. Contratos subscritos por días:
- Nos arrendamentos de vivendas por tempada entenderase que a fianza depositada queda automaticamente renovada por prórrogas sucesivas cun límite máximo de once mensualidades.
- Fianzas de subministracións ou servizos: o importe será o exixido ás persoas abonadas pola empresa subministradora.
- Que sistemas de depósito hai?
-
- Réxime XERAL: sistema ordinario de depósito de fianzas.
- Réxime ESPECIAL CONCERTADO: será obrigatorio para empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos, sempre que na formalización dos contratos que afecten as vivendas e demais predios urbanos lles exixan fianzas aos seus abonados.
- Que máis teño que saber?
-
O prazo para formalizar o depósito no Réxime Xeral é de 1 mes dende a data da sinatura do contrato calquera que sexa a forma en que se subscriba e a súa data de entrada en vigor. O ingreso da fianza fóra do devandito prazo comportará un incremento da fianza no importe correspondente ao xuro legal vixente ata a data na que se realice o depósito, sen prexuízo da sanción que, se é o caso, puidese corresponder. A regularización da demora sen requirimento previo da administración non comportará sanción, sen prexuízo dos xuros legais polo tempo no que se demorase o ingreso.
O depósito da fianza cancelarase por solicitude do arrendador ou arrendadora, directamente ou mediante solicitude cursada por persoa debidamente autorizada, cando se produza a extinción do contrato de arrendamento.
- E se son unha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica?
-
Desde a entrada en vigor da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, están a obrigadas a relacionarse de maneira telemática coas Administracións Públicas as seguintes entidades:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria.
- Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
- Fianzas: Réxime Xeral
-
- Depósito
-
O depósito de fianzas de arrendamento de vivendas e outras fincas urbanas é obrigatorio para a persoa arrendadora, e gratuíto (sen pagamento de xuros).
O depósito de fianza realizarase por solicitude da persoa arrendadora, ou persoa debidamente autorizada por ela.
Para depositar unha fianza no IGVS existen tres procedementos:
- 1. Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
-
-https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI436A
Á sede electrónica da Xunta de Galicia pódese acceder mediante Chave365, certificado dixital ou DNI dixital.
Mediante a presentación en liña, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, do modelo de solicitude de depósito de fianza VI436A, e achegando a seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a; xunto coa copia dos DNIs de ambos os dous.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
Posteriormente recibirá do IGVS, por correo postal ou a través de Notifica.gal, segundo seleccionase a persoa interesada na súa solicitude, o documento de solicitude de depósito de fianza aos efectos de realizar o ingreso en calquera oficina de Abanca.
Unha vez constituído o depósito de fianza, enviaránselle os xustificantes de depósito de fianza (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria).
- 2. Presentación presencial
-
Mediante a presentación en calquera rexistro administrativo do modelo de solicitude de depósito de fianza, VI436A (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia – https://sede.xunta.gal/presenta/anonimo/VI436A_2016_1-; e tamén en papel en calquera oficina do IGVS). Deberá achegarse xunto coa seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración.
Posteriormente recibirá do IGVS, por correo postal ou a través de Notifica.gal, segundo seleccionase a persoa interesada na súa solicitude, o documento de solicitude de depósito de fianza aos efectos de realizar o ingreso en calquera oficina de Abanca.
Unha vez constituído o depósito de fianza, enviaránselle os xustificantes de depósito de fianza (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria).
- 3. Presentación a través da Web do IGVS
-
https://igvs.xunta.gal/SXFianzas/jsf/comunes/entrada/entradaUsuario.faces
Para a realización de trámites a través da aplicación de fianzas dispoñible na Web do IGVS é necesario rexistrarse previamente como usuario para obter o contrasinal premendo na ligazón “Novo usuario”.
Unha vez rexistrada a persoa usuaria poderá realizar o depósito da fianza seguindo os pasos que se lle indican. Este procedemento permite escoller entre o pagamento online mediante tarxeta bancaria, ou o pagamento presencial en calquera oficina de Abanca, presentando a solicitude de depósito xerada.
Na aplicación de Fianzas ten á súa disposición unha ligazón á guía de usuario da aplicación.
Unha vez constituído o depósito de fianza, a aplicación xera os xustificantes de depósito (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria) no prazo de 24/48 horas.
Para resolver calquera dúbida relacionada co procedemento de modificación de fianza, pódense realizar consultas por correo electrónico, por teléfono ou ben de formal presencial nas oficinas de fianzas do IGVS.
- Cancelación
-
O depósito da fianza cancelarase por solicitude da persoa arrendadora, directamente ou mediante solicitude cursada por persoa debidamente autorizada por ela, cando se produza a extinción do contrato de arrendamento.
Para cancelar unha fianza no IGVS existen tres procedementos:
- 1. Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
-
-https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI436A
Á sede electrónica da Xunta de Galicia pódese acceder mediante Chave365, certificado dixital ou DNI dixital.
Mediante a presentación en liña, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, do modelo de cancelación de fianza de arrendamento, VI436B, e achegando a seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- Certificado da conta bancaria, en caso de que a persoa solicitante indique que se realice o ingreso nunha conta bancaria da que non é titular.
- O papel de fianzas, acreditativo do depósito realizado, para a cancelación daquelas fianzas aboadas mediante esta forma de pagamento. Neste caso, ademais da solicitude é necesario presentar os orixinais do papel de fianzas na oficina tramitadora.
Unha vez tramitada a solicitude de cancelación, procederase ao seu reintegro mediante transferencia bancaria na conta indicada pola persoa solicitante no prazo máximo de 20 días.
- 2. Presentación presencial
-
Mediante a presentación en calquera rexistro administrativo do modelo de solicitude de cancelación de fianza, VI436B, (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia - https://sede.xunta.gal/presenta/anonimo/VI436B_2016_1 - e tamén en papel en calquera oficina do IGVS). Deberá achegarse xunto coa seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- Certificado da conta bancaria, no caso de que a persoa solicitante indique que se realice o ingreso nunha conta bancaria da que non é titular.
- O papel de fianzas, acreditativo do depósito realizado, para a cancelación daquelas fianzas aboadas mediante esta forma de pagamento. Neste caso, ademais da solicitude é necesario presentar os orixinais do papel de fianzas na oficina tramitadora.
Unha vez tramitada a solicitude de cancelación, procederase ao seu reintegro mediante transferencia bancaria na conta indicada pola persoa solicitante no prazo máximo de 20 días.
- 3. A presentación a través da Web do IGVS
-
https://igvs.xunta.gal/SXFianzas/jsf/comunes/entrada/entradaUsuario.faces
Para a realización de trámites a través da aplicación de fianzas dispoñible na Web do IGVS é necesario rexistrarse previamente como usuario para obter o contrasinal premendo na ligazón “Novo usuario”.
Mediante este procedemento pode solicitar a cancelación da fianza a través da aplicación de Fianzas dispoñible na Web do IGVS, accedendo co seu usuario e contrasinal e achegando a documentación requirida, que poderá ser, segundo o caso:
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- Certificado da conta bancaria na que o solicitante desexa que se lle realice o ingreso.
- No caso de que a conta bancaria sexa de titularidade de persoa distinta do/a arrendador/a deberá achegarse, ademais, unha autorización escrita e expresa asinada por este/a para que se lle realice a devolución nesa conta.
NOTA: No suposto de que o solicitante da devolución non sexa a persoa arrendadora inicial, deberá acreditar documentalmente a subrogación nos dereitos e obrigas da relación contractual e achegar copia do seu documento de identidade.
Na aplicación de Fianzas ten á súa disposición unha ligazón á guía de usuario da aplicación.
Unha vez tramitada a solicitude de cancelación, procederase ao seu reintegro mediante transferencia bancaria na conta indicada pola persoa solicitante no prazo máximo de 20 días.
Para resolver calquera dúbida relacionada co procedemento de modificación de fianza, pódense realizar consultas por correo electrónico, por teléfono ou ben de formal presencial nas oficinas de fianzas do IGVS.
- Actualización da fianza
-
No caso de actualizarse o importe da renda unha vez transcorridos os primeiros 5 anos de duración do contrato, a persoa arrendadora, ou persoa debidamente autorizada por ela, deberá solicitar a actualización do importe da fianza. Neste suposto deberá depositar a diferenza entre o importe depositado no seu día ata o importe actualizado, ou de ser o caso, solicitar a devolución do importe depositado no seu día ata a contía de actualización.
Para actualizar unha fianza no IGVS existen tres procedementos:
- 1. Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
-
-https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI436A
Á sede electrónica da Xunta de Galicia pódese acceder mediante Chave365, certificado dixital ou DNI dixital.
Mediante a presentación en liña, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, do modelo de solicitude de depósito de fianza VI436A, e achegando a seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento e o/os seu/s anexo/s correspondentes.
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- No caso de actualizacións nas que corresponda unha devolución á persoa arrendadora, certificado da conta bancaria na que a persoa solicitante desexa que se lle realice o ingreso.
Se a conta bancaria é de titularidade de persoa distinta do/a arrendador/a deberá achegarse, ademais, unha autorización escrita e expresa asinada por este/a para que se lle realice a devolución nesa conta.
Neste caso procederase ao seu reintegro mediante transferencia bancaria na conta indicada pola persoa solicitante no prazo máximo de 20 días.
Posteriormente recibirá do IGVS, por correo postal ou a través de Notifica.gal, segundo seleccionase a persoa interesada na súa solicitude, o documento de solicitude de actualización de fianza, aos efectos de realizar o ingreso en calquera oficina de Abanca.
Unha vez constituída a actualización de fianza, enviaránselle os xustificantes complementarios de depósito de fianza (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria).
- 2. Presentación presencial
-
Mediante a presentación en calquera rexistro administrativo do modelo de solicitude de depósito de fianza, VI436A (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia – https://sede.xunta.gal/presenta/anonimo/VI436A_2016_1- e tamén en papel en calquera oficina do IGVS), xunto coa seguinte documentación:
- Copia do contrato de arrendamento e o/os seu/s anexo/s correspondente/s coa/s actualización/s.
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- No caso de actualizacións nas que corresponda unha devolución á persoa arrendadora, certificado da conta bancaria na que a persoa solicitante desexa que se lle realice o ingreso.
Se a conta bancaria é de titularidade de persoa distinta do/a arrendador/a deberá achegarse, ademais, unha autorización escrita e expresa asinada por este/a para que se lle realice a devolución nesa conta.
Neste caso procederase ao seu reintegro mediante transferencia bancaria na conta indicada pola persoa solicitante no prazo máximo de 20 días.
Posteriormente recibirá do IGVS, por correo postal ou a través de Notifica.gal, segundo seleccionase a persoa interesada na súa solicitude, o documento de solicitude de actualización de fianza, aos efectos de realizar o ingreso en calquera oficina de Abanca.
Unha vez constituída a actualización da fianza, enviaránselle os xustificantes complementarios de depósito de fianza (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria).
- 3. Presentación a través da Web do IGVS
-
https://profia.xunta.gal/SXFianzas/jsf/comunes/entrada/entradaUsuario.faces
Para a realización de trámites a través da aplicación de fianzas dispoñible na Web do IGVS é necesario rexistrarse previamente como usuario para obter o contrasinal premendo na ligazón “Novo usuario”.
Unha vez rexistrada a persoa usuaria poderá actualizar unha fianza depositada seguindo os pasos que se lle indican. Este procedemento permite escoller entre o pagamento online mediante tarxeta bancaria, ou o pagamento presencial en calquera oficina de Abanca, presentando a solicitude de depósito xerada.
Na aplicación de Fianzas ten á súa disposición unha ligazón á guía de usuario da aplicación.
Para resolver calquera dúbida relacionada co procedemento de modificación de fianza, pódense realizar consultas por correo electrónico, por teléfono ou ben de formal presencial nas oficinas de fianzas do IGVS.
- Modificación da fianza
-
- Modificación da fianza por cambios na posición arrendador
-
A nova persoa arrendadora, ou persoa debidamente autorizada por ela, deberá solicitar o cambio de titularidade da fianza cando cambie a posición arrendadora dun contrato en vigor. Para isto é necesario solicitalo mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A achegando a seguinte documentación segundo o caso:
Cambio na posición arrendadora por cambio da titularidade do inmoble:
- O contrato de arrendamento e os seus anexos, de ser o caso.
- Acreditación documental do cambio de titularidade, como nota simple do rexistro da propiedade, escritura de compravenda, pacto sucesorio de mellora...
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a xunto coa copia dos DNIs de ambos os dous.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
Cambio na posición arrendadora por falecemento da persoa arrendadora:
- O contrato de arrendamento e os seus anexos, de selo caso.
- Acreditación documental do cambio de titularidade:
- nota simple do rexistro da propiedade.
- no seu defecto, o certificado de defunción, certificado de últimas vontades, testamento e a aceptación da herdanza.
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a xunto coa copia dos DNIs de ambos os dous.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
- No caso de ser varios herdeiros, deberán achegar unha autorización e copia do DNI de todos para proceder ao ingreso da devolución no número de conta que faciliten.
- Modificación da fianza por cambios na posición arrendataria
-
A persoa arrendadora, ou persoa debidamente autorizada por ela, deberá solicitar a modificación da fianza cando existan cambios na posición arrendataria dun contrato en vigor. Para isto é necesario solicitalo mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A achegando a seguinte documentación:
- O contrato de arrendamento e o/os seu/s anexo/s correspondentes.
- Autorización da persoa arrendadora, no caso de presentación da solicitude por persoa distinta do/a arrendador/a. Xunto coa copia dos DNIs de ambos.
* O prazo de validez das autorizacións será de tres meses, salvo que esta determine outra duración. Entenderanse outorgadas na data de presentación, aquelas autorizacións que non indiquen data de outorgamento.
Unha vez realizada a modificación, enviaránselle os xustificantes complementarios de depósito de fianza (un exemplar para a persoa arrendadora e outro exemplar para a persoa arrendataria).
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude presencialmente en calquera das oficinas de asistencia en materia de Rexistro, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, á que se pode acceder mediante Chave365, certificado dixital ou DNI dixital.
Para resolver calquera dúbida relacionada co procedemento de modificación de fianza, pódense realizar consultas por correo electrónico, por teléfono ou ben de formal presencial nas oficinas de fianzas do IGVS.
- Fianzas: Réxime Concertado
-
- A quen vai dirixido?
-
- Obrigatoriamente: empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos, sempre que na formalización dos contratos que afecten as vivendas e demais predios urbanos lles exixan fianzas aos seus abonados.
- Voluntario:
- Arrendadores, asociacións de persoas propietarias e profesionais dedicados á administración de predios urbanos cando administren un mínimo de cincuenta vivendas ou locais de negocio ou cando o importe total das fianzas administradas por eles sexa igual ou superior a 30.000€ e presenten aval bancario que cubra o 20% do importe das fianzas xestionadas. No caso de profesionais dedicados á administración de predios urbanos deberán acreditar que está de alta na actividade e que reúnen os requisitos legalmente establecidos para o exercicio da súa profesión.
- Propietarios/as de centros comerciais e grandes superficies comerciais se así o solicitan, con independencia do número de locais que xestionen e do importe total das fianzas. Deberán presentar aval bancario que cubra o 20% do importe das fianzas xestionadas, que deberán actualizar cada ano.
- Como se solicita?
-
Os/as solicitantes que desexen acollerse ao réxime de concerto, presentarán a correspondente solicitude dirixida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberán darse de alta como usuarios na páxina web do organismo para este réxime de depósito.
- Que documentación debe aportar?
-
-Documentación acreditativa da capacidade xurídica e de obrar do solicitante. No caso dos profesionais dedicados á administración de fincas será suficiente coa presentación de certificado expedido polo respectivo colexio profesional e de copia de seguro de responsabilidade civil.
Nos demais supostos, as persoas xurídicas poderán acreditar a dita capacidade mediante a presentación da escritura de constitución ou modificación, de ser o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, e as persoas físicas mediante a presentación do seu documento nacional de identidade ou o que o substitúa regulamentariamente.
Estes documentos deberán achegarse en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada ou lexitimada.
-Copia compulsada da acreditación da representación da empresa.
-DNI ou CIF do/da solicitante. Copia compulsada ou autorización expresa para a consulta no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Presidencia, segundo os casos.
-Relación detallada do número de fianzas depositadas, importes e devolucións efectuadas da cal se reflicta a cifra de negocio do exercicio anterior e a previsible para o exercicio en curso, así como o número de fianzas que se deberán depositar e o importe total destas.
-Orixinal da certificación da conta bancaria onde se farán as devolucións dos saldos negativos.
-Declaración en que expresamente se lle autoricen ao Instituto Galego da Vivenda e Solo cantas comprobacións considere convenientes nos seus libros de contabilidade e rexistros auxiliares respecto da contía das fianzas constituídas.
-Para todos aqueles que xestionen fianzas de terceiros será requisito indispensable que conten con autorización previa expresa e por escrito dos propietarios, en que conste tamén a súa autorización para a cesión de datos ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
-Aval bancario que cubra o 20% do importe das fianzas xestionadas, no caso de réxime de depósito voluntario de arrendadores e asociacións destes e centros comerciais e/ou grandes superficies.
Con carácter xeral durante a vixencia do concerto, os/as acollidos/as a este réxime de depósito deberán presentar nos primeiros quince días do mes de xaneiro de cada ano natural ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo unha liquidación anual na que conste a relación de altas e baixas de contratos, que incluirá as fianzas constituídas, modificadas ou devoltas no ano anterior e o saldo resultante, o que determinará o depósito que debe realizarse.
- Cales son as causas do cese?
-
Segundo o Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
a) Extinción da obriga de depósito.
b) Perda sobrevida das condicións que determinaron a súa concesión.
c) Non realización do ingreso no prazo sinalado no artigo 25º.2.
d) Incumprimento da obriga de actualizar o depósito coas liquidacións anuais, así como a constatación do incumprimento de calquera outra das obrigas previstas neste decreto.
e) Renuncia. Poderá renunciarse a este réxime en calquera momento, o que suporá a aplicación do réxime xeral, co depósito da totalidade das cantidades correspondentes ás fianzas, mediante a oportuna liquidación.
f) Pola causa prevista no artigo 29º.5.
g) Pola causa prevista no artigo 25º.2 no caso de non dispoñer o titular do concerto de fondos para a devolución das fianzas.
As causas descritas nas letras c), d), e), f) e g) serán de aplicación unicamente para os acollidos ao réxime voluntario.
- Actualización da fianza
-
No caso de actualizarse o importe da renda unha vez transcorridos os primeiros 5 anos de duración do contrato, a persoa arrendadora, ou persoa debidamente autorizada por ela, deberá solicitar a actualización do importe da fianza. Neste suposto deberá depositar a diferenza entre o importe depositado no seu día ata o importe actualizado, ou de ser o caso, solicitar a devolución do importe depositado no seu día ata a contía de actualización.
- Se non está depositada a fianza, podo ser sancionado?
-
Si. Cando a infracción cometida sexa que non se depositase a fianza ou as súas actualizacións nos arrendamentos de vivendas ou nos contratos de subministracións e servizos, a multa non poderá ser inferior ao duplo do depósito debido. No suposto de regularización da demora no ingreso das fianzas de forma voluntaria e sen requirimento por parte da Administración, non se impoñerá sanción algunha, sen prexuízo do pago dos xuros legais polo tempo en que se demorase o ingreso.
Que normativa regula as sancións para impoñer en caso de incumprimento da obrigación do depósito das fianzas?
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120724/AnuncioC3B0-090712-0…
- Referencias normativas
-
-
Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110314/AnuncioB682_es.html
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120724/AnuncioC3B0-090712-0…
-
Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos.
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
-
- Contacto
-
Santiago Servizos Centrais IGVS
Área Central s/n, Polígono de Fontiñas
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfonos: 981-95.77.91 / 981-54.19.96 / 981-54.19.97
fianzas.igvs.santiago [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]santiago[at]xunta[dot]gal)
Área Provincial do IGVS - A Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 - A Coruña
Teléfonos: 981-18.22.34 / 981-18.48.03 / 981-18.25.26
fianzas.igvs.coruna [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
Ferrol:
Praza Camilo José Cela s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
Teléfonos: 981-33.71.61 / 981-33.71.64 / 981-33.71.62
fianzas.igvs.ferrol [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]ferrol[at]xunta[dot]gal)
Área Provincial do IGVS - Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 - Lugo
Teléfonos: 982-29.46.28 / 982-29.46.41
Teléfono Información xeral: 982-29.46.02
Teléfono Información de Fianzas: 982-29.49.45
fianzas.igvs.lugo [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)
Área Provincial do IGVS - Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 1
32071 - Ourense
Teléfonos: 988-38.68.62 / 988-38.77.34 / 988-38.68.63 / 988-38.68.98
fianzas.igvs.ourense [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
Área Provincial do IGVS - Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia, nº 7
36071 - Pontevedra
Teléfono Información Xeral: 986-80.56.10
Teléfonos Información Fianzas: 986-80.56.31 / 986-80.56.08
fianzas.igvs.pontevedra [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]pontevedra[at]xunta[dot]gal)
Vigo:
Praza da Estrela s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfonos: 986-81.75.77 / 886-21.82.69 / 886-21.82.67 / 986-81.75.76 / 986-81.75.75
fianzas.igvs.vigo [at] xunta.gal (fianzas[dot]igvs[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)