Cidadanía
- Asesoramento e orentación xurídica en materia de vivenda
-
A Xunta de Galicia segue a colaborar co Consello da Avogacía Galega co fin de crear as canles de información necesarias para:
-
Procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda.
-
Posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións e,
-
Para a implantación do procedemento de conciliación ou intermediación previsto na lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou un convenio co Consello da Avogacía Galega e como froito deste, ponse a disposición da cidadanía asesoramento e orientación gratuítos nas seguintes materias:
-
Aspectos referidos a trámites de carácter administrativo e xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria polo impago da renda de alugueiro ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.
-
Sobre a existencia do Programa de atención ás persoas en risco de desafiuzamento.
-
Ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por intrusión non consentida en vivendas.
Os servizos de asesoramento atenderanse a través de:
-
Un formulario web. As consultas realizadas serán respondidas polo letrado/a de garda dentro das 24/48 horas seguintes ao envío da consulta.
-
O teléfono 900 121 221. O horario de atención será de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.
A estes servizos engádese agora, como novidade, o servizo de intermediación en materia de desafiuzamento, de acordo coa Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda, entre grandes posuidores e persoas en risco de perder a súa vivenda, a través do seu Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe (INGALMAR) e os colexios da avogacía de Galicia, a través dos seus respectivos servizos de mediación.
No caso de precisar destes servizos de intermediación, deberán dirixirse ao sitio web https://avogacia.gal/servizo-intermediacion/ no que atoparán a forma de contacto e o formulario de iniciación do procedemento. Deberán identificarse con certificado electrónico.
Este convenio estará vixente ata o 31 de decembro do 2024.
O 29.12.2023 publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG, Núm. 246), que no seu artigo 9 introduce unha modificación da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia e engade unha nova disposición adicional vixesimoterceira á Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, coa seguinte redacción:
«Disposición adicional vixesimoterceira. Competencia para a emisión dos documentos acreditativos da concorrencia da vulnerabilidade económica previstos nos artigos 439, 655 bis e 685 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Corresponde aos concellos a competencia para a emisión dos documentos acreditativos da concorrencia ou non da vulnerabilidade económica previstos nos artigos 439, 655 bis e 685 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil».
Documentos relacionados
-
- Bolsas de formación
-
- Vivendas de promoción pública de nova construción entregadas entre 2009 e 2023
-
Documentos relacionados
Vivendas de promoción pública de nova construción entregdas entre 2009 e 2023
- Acceso á vivenda
-
- Adquisición
-
- Axudas anunciadas polo goberno
-
As medidas de axudas para o alugueiro aprobadas polo Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, están pendentes das seguintes actuacións:-
Liña de avais para a cobertura por conta do Estado do financiamento a arrendatarios en situación de vulnerabilidade social e económica como consecuencia da expansión do COVID-19: pendente de que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urban comunique o acordo co Instituto de Crédito Oficial e as condicións.
- Novo programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual: pendente de que se dite unha orde polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana
Ligazóns relacionadas
-
- COVID19
-
- Solo residencial
-