Vivenda de Protección Autonómica (VPA)
- Que se entende por VPA?
-
- Son vivendas de protección autonómica (VPA) as vivendas protexidas promovidas por un promotor público ou privado en execución das políticas públicas de vivenda e que, cumprindo os requisitos que se establezan regulamentariamente, sexan cualificadas como tales polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- Tamén son vivendas de protección autonómica (VPA) as promovidas para uso propio por comunidades de persoas propietarias, cooperativas de vivendas, asociacións legalmente constituídas ou por unha persoa individual, co fin de que constitúan a súa residencia habitual e permanente, e que sexan cualificadas como tales polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- Cal é o seu réxime xurídico?
-
- Unicamente as persoas físicas poderán ser adxudicatarias e usuarias das vivendas de protección autonómica.
- Regulamentariamente determinaranse os tipos de vivendas de protección autonómica e o réxime xurídico destas.
- Que excepcións contempla a lei para as VPA?
-
-
As vivendas de protección autonómica adxudicaranse, con carácter ordinario, mediante sorteo entre as unidades de convivencia inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Exceptúase da obriga de realizar o sorteo previsto no número anterior a adxudicación das seguintes vivendas:
a) Vivendas de protección autonómica destinadas a arrendamento, cando a persoa arrendataria estea inscrita no Rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e non teña relación de parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa promotora nin sexa socia ou teña idéntica relación de parentesco coas persoas socias ou administradoras, no caso de se tratar dunha persoa xurídica. Neste suposto, será suficiente o visado do contrato de arrendamento polo Instituto Galego da Vivenda e Solo solicitado pola persoa promotora, acompañado dunha declaración responsable da persoa arrendataria de que concorren as circunstancias indicadas.
b) Vivendas adxudicadas en cumprimento de acordos de permuta por edificabilidade.
-
O procedemento ordinario para a adxudicación de vivendas de protección autonómica será desenvolvido regulamentariamente.
-
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Táboa de ingresos máximos para o acceso a vivendas protexidas