Rexistro de demandantes de vivenda
Tramitación E CONSULTAS online No rexistro ÚNICO DE DEMANDANTES DE VIVENDA DE GALICIA
- Información básica
-
- Que é?
-
O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia ten a finalidade de ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas dos demandantes rexistrados.
Ademais pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.
- Quen se pode inscribir e cales son as condicións xerais?
-
-
Persoas físicas maiores de idade que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas en primeira ou posteriores transmisións e reúnan os requisitos de acceso para cada tipo de vivenda e réxime de adxudicación. Son requisitos xerais:
-
Que ningunha persoa que forme parte da unidade familiar ou de convivencia sexa titular do dominio ou do dereito real do uso ou goce sobre unha vivenda, coas excepcións que sinale a norma e segundo cada convocatoria.
-
Que acrediten os ingresos ponderados anuais totais da unidade familiar ou de convivencia que se sinalen na norma para cada tipo de vivenda e convocatoria.
-
-
Condicións da inscrición:
-
A inscrición poderá facerse de forma individual (unha única persoa solicitante) ou formando parte dunha unidade familiar ou de convivencia (dúas ou máis persoas).
-
A inscrición da persoa solicitante realizarase no tipo de vivenda e no réxime de adxudicación que esta sinale como preferente.
-
Se a persoa solicitante reúne os requisitos para ser beneficiaria de máis tipos de vivenda ou doutro réxime de adxudicación, poderá solicitar e, no seu caso, poderán practicarse inscricións complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.
-
-
- Que tipos de vivenda protexida existen?
-
-
Vivenda de Promoción Pública (VPP) é a que o Instituto Galego da Vivenda e Solo promova como tal ou á que se lle outorgue esta cualificación e que cumpra cos requisitos que se establezan regulamentariamente. Adxudicarase conforme a un procedemento regrado, normativamente establecido. Clasifícanse en:
-
Vivendas protexidas de promoción pública.
-
Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleos rurais e en centros históricos.
Só poderán ser persoas adxudicatarias das vivendas de promoción pública as persoas físicas que reúnan os requisitos que regulamentariamente se establezan. Destinaranse en todo caso a domicilio habitual e permanente das súas persoas adxudicatarias, sen que en ningún caso se poidan destinar a segunda residencia nin a ningún outro uso, excepto nos casos que regulamentariamente se determinen, para posibilitar o uso pola Administración pública como vivenda temporal de colectivos con necesidades especiais.
-
-
Vivendas de Protección Autonómica (VPA) son as vivendas protexidas promovidas por un promotor público ou privado en execución de políticas públicas de vivenda e que, cumprindo os requisitos que se establezan regulamentariamente, sexan cualificadas como tales polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Tamén son vivendas de protección autonómica (VPA) as promovidas para uso propio por comunidades de propietarios, cooperativas de vivendas, asociacións legalmente constituídas ou por unha persoa individual co fin de que constitúa a súa residencia habitual e permanente, e que cualifique como tales o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Clasifícanse en:
-
Vivendas de Protección Autonómica de réxime especial.
-
Vivendas de Protección Autonómica de réxime xeral.
-
Vivendas de Protección Autonómica de réxime concertado.
-
Aloxamentos Protexidos.
A diferenza entre os distintos réximes de vivenda vén determinada fundamentalmente polo prezo da vivenda e polos requisitos económicos da unidade familiar ou de convivencia para acceder a elas. As vivendas de réxime especial son as que presentan prezos máximos máis accesibles, mentres que as de réxime concertado son as que acadan os prezos máximos máis elevados. En canto aos ingresos, o réxime especial establece límites económicos máis baixos que o réxime xeral, e este, a súa vez, fixa límites inferiores aos esixidos no réxime concertado.
Unicamente as persoas físicas poderán ser adxudicatarias e usuarias das vivendas de protección autonómica e destinaranse a domicilio habitual e permanente das súas persoas adxudicatarias.
-
-
- Cales son as excepcións á obrigación de inscrición no rexistro?
-
-
As vivendas autopromovidas para uso propio, incluíndo as promovidas por comunidades de propietarios, cooperativas de vivenda ou asociacións legalmente constituídas.
-
As vivendas adquiridas nos supostos de permuta de solo por vivenda, sempre que as persoas beneficiarias cumpran cos requisitos esixidos para o acceso á vivenda protexida.
-
- Cal é a normativa aplicable?
-
-
Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
-
Decreto 1/2010 do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas.
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
-
Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2025 polo que se determinan os ingresos para acceder ás vivendas protexidas.
-
- Solicitude
-
- Onde se pode facer a solicitude de inscrición?
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (VI428C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, VI428C - Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Galicia. - Sede electrónica - Xunta de Galicia
Opcionalmente, poderanse presentar de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A inscrición pode realizarse en calquera das áreas provinciais e nos servizos centrais do IGVS:
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, nº 2 15071 A Coruña
Teléfono: 981 184 818/981 182 663
Fax: 981 184 860
Email: rexistrodemandantes.igvs.coruna [at] xunta.gal (rexistrodemandantes[dot]igvs[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo
Avenida Ramón Ferreiro, nº 28
27071 Lugo
Teléfono: 982 294 608
Fax: 982 294 624
Email: aluga.igvs.lugo [at] xunta.gal (aluga[dot]igvs[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 1
32071 Ourense
Teléfono: 988 386 279
Fax: 988 386 235
Email: demandantes.igvs.ourense [at] xunta.gal (demandantes[dot]igvs[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra (nestas dependencias hai atención á cidadanía pero non rexistro)
Rúa Alcalde Hevia, nº 7
36071 Pontevedra
Teléfono: 986 805 610/986 805 611/986 805 098
Fax: 986 805 663
Email: rud.igvs.po [at] xunta.gal (rud[dot]igvs[dot]po[at]xunta[dot]gal)Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Instituto Galego da Vivenda e Solo
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 529/ 981 541 982
Fax: 981 541 902
Email: informacionxeral.igvs.santiago [at] xunta.gal (informacionxeral[dot]igvs[dot]santiago[at]xunta[dot]gal) - Cal é o prazo?
-
Prazo de presentación:
aberto todo o ano. - Como se solicita a inscrición?
-
A persoa solicitante deberá indicar na súa inscrición:
-
O tipo de vivenda ao que opta.
O Rexistro consta de tres seccións diferenciadas:
-
SECCIÓN 1ª Vivendas Protexidas de Promoción Pública promovidas polo IGVS.
-
SECCIÓN 2ª Vivendas Protexidas de Promoción Pública de Núcleos Rurais e Centros históricos.
-
SECCIÓN 3ª Vivendas Protexidas de Protección Autonómica ou Pública promovidas por outros promotores públicos: réxime especial, xeral, concertado e aloxamentos protexidos.
-
-
O réxime de adxudicación que sinale como preferente: compra, alugueiro, ou alugueiro con opción de compra.
-
O concello: Poderá sinalar un máximo de tres concellos, un como preferente e dous máis como subsidiarios, que deben ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de influencia. Para inscribirse como demandante de vivendas de protección oficial de promoción pública promovida polo IGVS, (SECCIÓNS 1ª e 2ª) o concello sinalado como preferente será necesariamente o de residencia ou de traballo (débese ter en conta que só un concello pode ser preferente).
Se a persoa solicitante reúne os requisitos para ser beneficiaria de máis tipos de vivenda, poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.
-
- Cales son os requisitos para a inscrición?
-
-
Persoas residentes en Galicia, así como as emigrantes retornadas.
-
Carecer dunha vivenda en propiedade coas seguintes excepcións:
-
A vivenda resulte inadecuada ou insuficiente para as necesidades da unidade familiar ou de convivencia, nos seguintes termos:
-
Presúmense inadecuados os edificios e vivendas que non teñan un fin propiamente residencial e os que se atopen en situacións de ruína, así como as vivendas que teñan deficiencias, non imputables á falta de mantemento pola persoa solicitante, que afecten de forma notoria a habitabilidade, debidamente acreditadas por técnico competente.
-
Considérase que unha vivenda ten unha superficie insuficiente para a composición da unidade familiar ou de convivencia cando a cada ocupante lle correspondan menos de 10 metros cadrados de superficie útil, non computándose para o efecto a dedicada a baños, corredores e tendais.
No suposto de que habiten a vivenda dúas unidades familiares ou de convivencia distintas, e sempre que a dita circunstancia se produza cunha antelación de cando menos un ano á data da adxudicación das vivendas, o límite de superficie útil sinalado no parágrafo anterior incrementarase ata 20 metros cadrados por ocupante, con idénticas minoracións para efectos de cómputo. -
Enténdese que unha vivenda é inadecuada por causa de mobilidade cando a súa configuración arquitectónica, distribución espacial, localización ou accesos supoñan unha grave perda de funcionalidade para o membro da unidade familiar ou de convivencia con mobilidade reducida.
-
-
Excepcionalmente, poderán acceder a unha vivenda protexida as persoas que sexan propietarias doutra vivenda cando estea suxeita a expediente de expropiación forzosa ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable a elas, e as que ocupen aloxamentos provisionais como consecuencia de operacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da súa vivenda ou calquera outra situación excepcional declarada polos servizos sociais do concello competente ou pola consellaría competente en materia de vivenda.
-
Que a vivenda resulte sobrevidamente inadecuada para as súas circunstancias persoais ou familiares, e sempre que se garanta que non posúen simultaneamente máis dunha vivenda protexida.
-
Que sexan privadas do uso da vivenda libre por causas non imputables ás persoas interesadas.
-
Excepcionalmente, poderán acceder a unha Vivenda de Promoción Pública (VPP) as persoas propietarias doutra vivenda respecto da que non posúan a súa plena propiedade e dispoñibilidade, sempre que o valor catastral do inmoble non supere os 30.000 euros.
-
Para acceder a unha Vivenda de Protección Autonómica (VPA) cando o valor da vivenda, ou do dereito da persoa interesada sobre a mesma, determinado de acordo coa normativa do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais, non exceda do 40 % do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este valor elevarase ao 60 % nos supostos seguintes:
-
Persoas maiores de 65 anos.
-
Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-
Vítimas do terrorismo.
-
Familias numerosas.
-
Familias monoparentais con fillos.
-
Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.
-
Non obstante o anterior, non poderán acceder a Vivendas de Promoción Pública (VPP) os que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:
-
Que xa fosen titulares de vivendas protexidas de promoción pública e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou a alleasen por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados, a xuízo da Comisión Provincial de Vivenda.
-
Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.
-
-
Acreditar os seguintes ingresos dependendo da clase e modalidade/réxime de vivenda protexida ao que se queira acceder:
Clase de vivenda protexida Modalidade/ Réxime Tramos de ingresos máximos Vivenda de promoción pública (VPP) Con carácter xeral 3 veces IPREM* En núcleos rurais e centros históricos 5,5 veces IPREM Vivenda de protección autonómica (VPA) Especial 3,5 veces IPREM Xeral 5 veces IPREM Concertado 6,5 veces IPREM *Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples
-
O número de veces do IPREM ponderarase en función dos seguintes coeficientes multiplicativos, segundo corresponda:
-
Familias dun membro: 1,00.
-
Familias de dous membros: 0,90.
-
Familias de tres membros: 0,80.
-
Familias de catro membros: 0,75.
-
Familias de cinco ou máis membros: 0,70.
-
Se a vivenda estivese situada nun concello dos declarados como ámbitos territoriais de prezo máximo superior (ATPMS: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra), aplicarase o tramo seguinte ao que lle correspondese.
-
Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese conforme o previsto nos puntos anteriores.
-
No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos e non nacidos contarán como membros da unidade familiar para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación da adopción en trámite.
-
-
No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, os ingresos de cada unidade familiar, convertidos en número de veces o IPREM e ponderados conforme o previsto nos puntos anteriores sumaranse e o importe total nunca poderá ser superior ao límite de ingresos esixidos para o acceso á vivenda de que se trate.
-
Para o acceso á compra dunha vivenda protexida deberá acreditarse que os ingresos familiares non sexan inferiores a 0,7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicativos correctores previstos para a ponderación de ingresos.
-
-
- Cal é a documentación que hai que presentar, a comprobación de datos e os trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes?
-
As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:
-
Solicitude segundo o Anexo I.
-
Anexo II de declaración responsable de composición da unidade familiar ou de convivencia da persoa solicitante e comprobación de datos.
-
As persoas interesadas na inscrición para o acceso inmediato a segundas ou posteriores transmisións, ademais da documentación anterior, deberán achegar a seguinte documentación no caso de que se dea algunha das circunstancias que seguen:
-
Nota/s de localización de rexistros emitida/s polo Rexistro da Propiedade. No caso de existir titularidades vixentes nalgún/s rexistro/os, certificación/s de todas as titularidades de vivenda, indicando expresamente se son ou non de protección.
-
Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade familiar ou de convivencia, no caso de percibir algunha das rendas exentas/non suxeitas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non residentes e sobre o Patrimonio.
-
Copia da declaración similar á do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, autenticada pola correspondente delegación consular e, no seu caso, certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado, no caso de ingresos obtidos no estranxeiro.
-
Título de familia numerosa non expedido pola Xunta de Galicia, no seu caso.
-
Certificado de discapacidade da persoa declarante e/ou das persoas que integran a súa unidade familiar ou de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, no seu caso.
-
Certificado de familia monoparental cando, concorrendo dita circunstancia, non lle corresponda a súa expedición á Xunta de Galicia.
-
Acreditación da condición de vítima de terrorismo, no seu caso.
-
Acreditación da condición de vítima de violencia de xénero, no seu caso.
-
Calquera outra documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos cuxa consulta por parte da Administración non fose consentida pola persoa interesada.
-
A documentación presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
-
Previamente á adxudicación das vivendas, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
-
DNI ou NIE da persoa declarante e, no seu caso, das persoas que integran a súa unidade familiar ou de convivencia.
-
DNI ou NIE da persoa representante, no seu caso.
-
NIF da entidade representante, no seu caso.
-
Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal da persoa declarante e, no seu caso, das persoas que integran a súa unidade familiar ou de convivencia.
-
Datos catastrais correspondentes á persoa declarante e, no seu caso, ás persoas que integran a súa unidade familiar ou de convivencia.
-
Certificado da renda (IRPF) da persoa declarante e, no seu caso, das persoas que integran a súa unidade familiar ou de convivencia.
-
-
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar no Anexo I e/o no Anexo II que lle é de aplicación algunha circunstancia particular que acredita o documento correspondente:
-
Certificado acreditativo da discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.
-
Certificación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
-
Título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.
-
Certificado de familia monoparental expedido pola Xunta de Galicia.
-
Pensións públicas exentas.
-
-
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos correspondentes. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
-
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao comezo do expediente, accedendo ao Cartafol cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os devanditos trámites de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
- Tramitación
-
- Cal é o prazo, sentido do silencio e vixencia da resolución de inscrición?
-
Prazo de resolución
Tres mesesSentido do silencio
NegativoVixencia
A inscrición terá unha vixencia de tres anos. A data de finalización do período de inscrición figurará na notificación mediante a que se comunique á persoa interesada a inscrición efectiva no Rexistro.
Nos tres meses anteriores á finalización do período de vixencia da inscrición, as persoas rexistradas poderán renovala, de non facelo producirase a caducidade da inscrición. - Cales son as principais causas de baixa no rexistro?
-
Son causa de baixa no rexistro, entre outras, as seguintes :
-
Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se teña que formalizar a adxudicación.
-
Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
-
Non comunicar calquera cambio que se produciu nas súas circunstancias durante o período de inscrición.
-
Falta de renovación da solicitude ao finalizar o prazo de vixencia.
-
Baixa automática polo prazo dun ano por renunciar á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:
-
Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia.
-
Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pago da vivenda.
-
-
- Acceso ás vivendas protexidas
-
- Como se accede?
-
A adxudicación das vivendas protexidas realizarase entre as persoas inscritas e anotadas no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia para o concello de preferencia. No caso de que non existan persoas inscritas ou que estas sexan insuficientes, a adxudicación efectuarase entre as persoas anotadas no concello subsidiario.
Pódense consultar en: Listaxe de adxudicacións/sorteos de vivenda protexida | IGVS
En cada procedemento de adxudicación, poderanse reservar vivendas para ser adxudicadas ás unidades familiares ou de convivencia que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
-
Mobilidade reducida dalgunha das persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%. Considéranse persoas con mobilidade reducida de carácter permanente aquelas que o sexan por causa física e que teñan mobilidade reducida que lles esixa, para o seu desprazamento, a utilización de medios mecánicos, e así foran recoñecidos pola lexislación vixente que lles sexa de aplicación.
-
Familias numerosas ou unidades de convivencia de tres ou máis fillas ou fillos.
-
Familias ou unidades de convivencia monoparentais.
-
Familias ou unidades convivencia cuxa persoa titular teña menos de 36 anos ou máis de 65.
-
Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-
Vítimas do terrorismo.
-
A concorrencia de calquera outra circunstancia considerada de atención preferente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos termos que se establezan regulamentariamente.
-
- Como se adxudican as vivendas de protexidas de promoción pública promovidas polo IGVS?
-
(Seccións 1ª e/ou 2ª do Rexistro VPP)
-
Primeiras e segundas adxudicacións
O procedemento iniciarase mediante resolución da Comisión Provincial de Vivenda, que se publicará no taboleiro de anuncios do concello no que radiquen as vivendas, nos taboleiros das Áreas Provinciais do IGVS e na súa páxina web. Na devandita resolución indicaranse os datos esenciais da promoción e a data do sorteo.
Entre todas as persoas solicitantes que, na data da resolución de inicio do procedemento, estivesen rexistradas ou anotadas nas seccións 1ª e/ou 2ª do Rexistro, realizarase un sorteo ante notario.Unha vez realizado o sorteo, publicarase unha lista provisional de persoas adxudicatarias e outra de persoas en lista de espera, segundo a orde resultante do sorteo, polos mesmos medios anteriormente indicados. Poderanse presentar reclamacións nun prazo de dez días, as cales deberán ser resoltas nun prazo máximo de tres meses.
Realizados os trámites previstos, a Comisión Provincial de Vivenda aprobará e publicará a lista definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva. -
Segundas transmisións
(no caso de que a persoa ou persoas propietarias desexen vender a vivenda)
Neste suposto, a vivenda é propiedade de persoas particulares.
A resolución de inicio do proceso de selección de persoas adquirentes publicarase na páxina web do IGVS. As persoas interesadas deberán manifestar o seu interese na adquisición da vivenda ou vivendas no prazo de quince días desde a data de publicación na páxina web, mediante escrito dirixido á Área Provincial correspondente do IGVS.
O sorteo realizarase entre as persoas que manifestasen o seu interese dentro do prazo establecido.
No suposto de que ningunha persoa manifestase interese pola vivenda, ou non reúna os requisitos necesarios para o seu acceso, a citada vivenda pasará a publicidade permanente e será adxudicada á primeira persoa que manifeste interese e cumpra ditos requisitos. Estas vivendas poden consultarse no apartado VIVENDA PROTEXIDA, Adxudicacións/sorteos de vivendas protexidas, Tipoloxía: VPP (publicidade permanente de segundas e posteriores transmisións entre particulares).
-
- Como se adxudican as vivendas protexidas de protección autonómica ou de promoción pública promovidas por outros promotores públicos?
-
(Sección 3.ª do Rexistro VPA)
-
Primeiras adxudicacións
Unha vez obtida a cualificación provisional e a licenza municipal, e con anterioridade á cualificación definitiva, o promotor solicitará o inicio do procedemento de selección. Este procedemento anunciarase nos taboleiros de anuncios da Área Provincial correspondente e do concello, na páxina web do IGVS e nun dos xornais de maior tirada, indicando os datos esenciais da promoción.
Así mesmo, enviarase un aviso mediante SMS ás posibles persoas adxudicatarias para que poidan manifestar o seu interese en participar no sorteo.
Á vista da información publicada, as persoas interesadas deberán formalizar a solicitude de inclusión no sorteo nun prazo máximo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da apertura do procedemento de selección.
No prazo de quince días hábiles desde a finalización do prazo de solicitudes, publicarase a lista provisional de persoas admitidas, concedéndose un prazo de sete días para a presentación de reclamacións. Unha vez resoltas, aprobarase a lista definitiva.
A continuación, realizarase o sorteo ante notario e publicarase na páxina web do IGVS a lista de persoas adxudicatarias e de reserva, na que se indicarán todos os trámites necesarios para a formalización do contrato.
-
Segundas transmisións
(no caso de que a persoa ou persoas propietarias desexen vender ou alugar a vivenda)
Neste caso, a vivenda é propiedade de persoas particulares. Serán as propias persoas interesadas, tanto na venda ou compra como no alugueiro, as que contacten directamente entre si.
O Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia verificará que a unidade familiar ou de convivencia interesada cumpra os requisitos necesarios para acceder á vivenda, sen que sexa necesario realizar ningún sorteo. A persoa ou persoas vendedoras ou arrendadoras deberán respectar en todo caso o prezo máximo establecido.
-
Documentos relacionados
Renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda