Escoitar
Atención ao público
Atención ao público e presentación de documentos. Con carácter xeral aplícanse as seguintes normas, pero deberase consultar as de cada departamento no apartado “Documentos relacionados”:
ATENCIÓN AO PÚBLICO
- Presencial, sen necesidade de cita previa
- Por correo electrónico
- Por teléfono (no caso de concorrencia, terá preferencia a atención presencial)
FIANZAS DE ALUGUEIRO
A xestión de fianzas de alugueiro realizarase exclusivamente polos seguintes medios:
- Na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS):
https://profia.xunta.gal/SXFianzas/jsf/comunes/entrada/entradaUsuario.faces- Depósito, cancelación e actualización de fianzas
- Modificación dos datos da persoa usuaria
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/portada - Nos Rexistros Administrativos e nas oficinas de Correos
Pódese descargar o correspondente modelo de solicitude (depósito/cancelación) na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, cumprimentala e, coa documentación que se indica en cada solicitude, presentala en calquera Rexistro Administrativo ou nas oficinas de Correos
REXISTRO-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
Realizarase polos seguintes medios:
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica (PR004A) relativa á presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións, que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.
- Presencialmente. Recoméndase cita previa, solicitada na páxina web da Xunta: www.xunta.gal/cita-previa, aínda que non é imprescindible; se ben terá preferencia quen dispoña de cita previa.