Axudas destinadas a concellos
- Fondo de cooperación
-
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A)
Obxecto
Convocar, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el.
A quen vai dirixido?
Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística o 1 de xaneiro de 2024.
Requisitos
- Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan o 25 % do total do importe con que está dotado o Fondo de cooperación establecido na Resolución do 20 de setembro de 2016. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o dito límite.
- O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder os oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
- A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do 30 de setembro de cada ano.
- O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.
Normativas relacionadas
Resolución do 30 de maio de 2024 pola que se convoca, para a anualidade 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG nº 111 do 10 de xuño de 2024). Resolución do 20 de setembro de 2016 pola que se crea o Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
Documentos relacionados
- Vivendas de titularidade municipal
-
Rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal (VI422F)
A Lei de vivenda de Galicia dispón que o patrimonio inmobiliario residencial será obxecto de atención prioritaria. Tamén no seu artigo 91 de dita lei establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas públicas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes
Moitos concellos de Galicia dispoñen dun patrimonio edificatorio que pode ser obxecto dun uso residencial mediante as oportunas actuacións de rehabilitación. Por outra banda, o proceso de despoboamento da zona rural fai necesaria unha política encamiñada a fixar poboación nestas zonas, sendo a vivenda unha necesidade básica para este cometido.
Persoas beneficiarias
Concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
Solicitude das axudas
A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade de fondos para cubrir o 5 % adicional do presuposto necesario para a actuación prevista.
Actuacións subvencionables
- Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
- As obras de rehabilitación dirixidas á ampliación de edificacións e vivendas incluídas nun proxecto de rehabilitación, que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade.
- As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén será subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras incluiranse os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
- Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes as obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria, con excepción das facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a amoreamentos de material previos e a pagamentos anticipados.
Requisitos das actuacións subvencionadas
- Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor e cumpran a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade.
- Que as actuacións non estean rematadas á data da presentación da solicitude.
- Para o caso de actuacións plurianuais, será necesario que o inicio das actuacións se realice no exercicio que se determine na correspondente convocatoria.
Contía das axudas
As axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada, ou de 55.000 euros, no caso de vivendas situadas no ámbito histórico ou no ámbito dos Camiños de Santiago ou da Ribeira Sacra. No suposto de que a edificación a rehabilitar estivera situada nun ámbito declarado Área Rexurbe, as citadas con cantidades incrementaranse en 2.000 euros por vivenda.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o día 3 de xuño de 2025 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
- Infravivenda
-
REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDA (VI406A)
Subvencionaranse obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden afectar a elementos exteriores, ás condicións estruturais e de seguranza, á habitabilidade e accesibilidade da edificación ou vivenda
O Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025, formulado no seo do Observatorio de Vivenda de Galicia e asinado en data 22 de xaneiro 2021 establece na súa Liña Estratéxica A, eixe 2, acción 3 a implementación dun programa de reparación de infravivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes, para axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia propietarias que residan nunha edificación ou vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer as obras que permitan ter as condicións mínimas de habitabilidade.
Subvenciónanse as obras de reforma ou rehabilitación de elementos exteriores, condicións estruturais e seguranza, mellora de accesibilidade e de habitabilidade . Dentro das actuacións de habitabilidade tamén serán subvencionables as obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
Persoas beneficiarias
Concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia propietarias que residan nunha edificación ou vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer as obras que permitan ter as condicións mínimas de habitabilidade.
Así mesmo, os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes tamén poderán solicitar a subvención para rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal coa finalidade de destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.
As unidades de convivencia terán que acreditar uns ingresos inferiores ao IPREM ponderado en función de distintos coeficientes segundo corresponda, e algún dos seus membros debe ter a propiedade da vivenda obxecto da actuación e non dispor doutra en territorio nacional, agás que sexa un edificio de titularidade municipal.
Solicitude das axudas
A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade de fondos para cubrir o cinco por cento adicional do presuposto necesario para a actuación prevista.
Requisitos das actuacións subvencionadas
Subvenciónanse as obras de reforma ou rehabilitación de elementos exteriores, condicións estruturais e seguranza, mellora de accesibilidade e de habitabilidade . Dentro das actuacións de habitabilidade tamén serán subvencionables as obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
O custe total das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén será subvencionables os gastos xerais de estrutura que incidan sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. Así mesmo, no custo total das actuacións incluiranse gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
Contía das axudas
Ata o 95% do orzamento protexido das obras, cun máximo de 15.000 € por vivenda rehabilitada.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o día 3 de xuño de 2025 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas
- Áreas Rexurbe
-

A área de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe) é unha nova figura creada pola Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
De acordo co establecido na citada lei, unha área de intervención no medio urbano é un conxunto edificatorio urbano ou rural, continuo ou descontinuo, que precise dun apoio público para atender á rehabilitación ou á substitución dos edificios e mais á calidade ambiental e urbanística do ámbito.
A intervención nestas áreas poderá comprender actuacións de renovación e mellora da urbanización, dos espazos públicos e das demais dotacións urbanísticas ou das infraestruturas e dos servizos urbanos, así como articular medidas sociais, ambientais e económicas que estean enmarcadas nunha estratexia administrativa global, integrada e unitaria.
As áreas Rexurbe son áreas de intervención no medio urbano que, polas súas especiais características precisan dunha maior implicación da administración autonómica e local para dinamizar e revitalizar o seu ámbito.
Normativas relacionadas
Ley 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia.