Edificacion

Código técnico da edificación

Control de calidade na edificación

As obrigas en canto á calidade na edificación veñen dadas polas directrices do Decreto 232/1993 e do Real Decreto 314/2006, polos que se regula o control de calidade na edificación. Porén o impulso á calidade verase reflectida nunha futura Lei de Calidade.

As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación.  Neste sentido xa o Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra.

Tamén debe recoller o presuposto de control de calidade, sendo necesario acredita-la realización do dito control para a obtención do certificado final de obra. Así mesmo obrígase a contratar os servizos dun laboratorio acreditado que cumpra cos requirimentos de independencia e obxectividade fronte a calquera interese externo. Finalmente este mesmo Decreto otórgalle o IGVS a facultade inspectora, de oficina ou por instancia de parte, para calquera obra en execución dentro de Galiza.

Documentos relacionados

Decreto 232/1993 polo que regula o control de calidade na edificación Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenrolan os requisitos exisibles ás entidades de control de calidade da edificación e a os laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da sua actividade Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente 

Normativa do habitat

Normativa sobre habitabilidade

Buzón de consultas habitabilidade.vivenda [at] xunta.gal (habitabilidade[dot]vivenda[at]xunta[dot]gal)

Documentos relacionados

Normas de habitalidade de vivendas de Galicia - Versión consolidada comentada Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia Correción de erros do Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia 

Base de Datos da Construción

Base de datos da construción de Galicia

A base de datos da construción é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou coma elemento de consulta.

A base de datos da construción de Galicia (BDC Galicia) é un produto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) feito en colaboración coa Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña. Na actualidade é o Instituto Galego de Vivenda e Solo o seu promotor e a asume de xeito oficial para a realización dos seus proxectos.

A BDC é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou como elemento de consulta. Contén os prezos básicos -maquinaria, man de obra, produtos e materiais- e unha parte importante das unidades de obra empregadas en Edificación, Urbanizacion -Obra Civil, Restauración, Mantemento e Seguridade- e Saúde Laboral. A maioría dos prezos contidos son paramétricos. Tamén inclúe pregos de condicións, gráficos e textos que poden ser empregados ao desenvolver un proxecto.

A BDC Galicia distribúese en soporte CD e está tamén dispoñible no portal web www.presupuesta.com . Nesta versión en liña pódese consultar, ademais, a base de prezos doutras comunidades asi coma diversos catálogos de fabricantes de construción; descargar en formato FIEBDC as Bases de Prezos e os Catálogos para traballar co programa de presupostos; elaborar presupostos e exportar a formato FIEBDC; gardar os presupostos para consultas posteriores ou comparar os diferentes presupostos realizados en base a un mesmo concurso.

Ligazóns relacionadas

Ligazón co portal da base de datos da construción 

Eficiencia e sustentabilidade

As competencias exclusivas en materia de vivenda previstas no artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia correspóndenlle á Comunidade Autónoma e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) é o organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, ao que lle corresponde a realización das políticas de vivenda nesta comunidade, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación

Unha das funcións previstas do IGVS, ademais da promoción pública de vivendas de protección oficial e a de garantir os dereitos dunha vivenda digna e adecuada especialmente para os sectores con menos capacidade económica, esta á relativa a información e o impulso das cuestións relativas a calidade e sustentabilidad da edificación e o impulso do coñecemento e da investigación nestes eidos.

Entre as preocupacións do IGVS destacan a crecente pobreza enerxética dos fogares, que se intensifica mais nas vivendas de protección oficial, a dependencia enerxética e as emisións de CO2. Este é ademais un problema medioambiental, social e económico, polo que o IGVS, desenvolve accións centradas no sector da vivenda con obxecto de reducir os consumos de enerxía e as emisións de CO2, para mitigar o cambio climático e para lograr os obxectivos de eficiencia enerxética, de acordo coas diversas directivas europeas.

Neste marco, o IGVS ten elaborada unha Estratexia de Eficiencia Enerxética son a redución de emisións de CO2 ou gases GEI prexudiciais para o medio ambiente e causantes do cambio climático, a redución do consumo enerxético para erradicar a pobreza enerxética da poboación mais desfavorecida, a concienciación cidadá, a formación dos técnicos e traballadores do sector, e por último a revitalización do sector da construción a través da rehabilitación enerxética. Para conseguir estes obxectivos a estratexia contempla unha serie de actuacións de diferente calado que se estruturan en análise, directrices, formación, información e fomento.

Para o fomento da rehabilitación enerxética o IGVS ten unha ferramenta de modelización de vivendas de Galicia que permite ao cidadán obter información sobre o estado das mesmas desde o punto de vista enerxético. Entre outras esta ferramenta desenvolve, con base nos datos obtidos da ferramenta SIX, un estudo de distribución das diferentes entidades de poboación no ámbito territorial, xerando mapas temáticos en función do número de habitantes que residen nelas, que permitan a súa utilización na planificación que realice o IGVS sobre as necesidades de vivenda no ámbito territorial referido. Esta ferramenta permite realizar unha avaliación básica da mellora que se produciría nos edificios ao realizar unha rehabilitación enerxética da súa envolvente, así como o investimento necesario e os empregos directos xerados como consecuencia de eses traballos.

Ademais, participa na realización de estudos e guías, tendo especialmente en conta a tipoloxía das edificacións, a xeografía física e social, así como as variables climáticas de Galicia co fin de establecer unha serie de estratexias e recomendacións para acadar un confort térmico sustentable e unha redución do consumo enerxético nas vivendas.

As conclusións destes estudos, recóllense nuns documentos que están estruturados para que podan ser utilizados polos técnicos e proxectistas de vivendas, de nova construción e de rehabilitación, á maneira de guía e manual.

Documentos relacionados

Guía de arquitectura pasiva para vivendas en Galicia Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia

Ligazóns relacionadas

Visor de mapas climaticos de Galicia para arquitectura pasiva Ferramenta PASIGAL, vivendas pasivas de Galicia CTE DB-HE