Proxectos de interese autonómico para a creación de solo residencial

A Estratexia Galega de Solo Residencial, elaborada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevé a planificación do desenvolvemento de solo residencial para a construción de 25.000 vivendas, das que 20.000 terán algún réxime de protección pública, mediante a figura dos proxectos de interese autonómico (PIAs), co obxecto de alcanzar unha tramitación máis áxil, impulsada e tutelada pola Xunta de Galicia e co fin de dar resposta á alta demanda de vivenda, especialmente entre as persoas e colectivos con maiores dificultades de acceso.

Os eixos da estratexia son os seguintes:

  • Colaboración cos concellos, coa súa conformidade aos ámbitos de actuación elixidos, nos que se busca a maior compatibilidade co plan, priorizando a elección de actuacións en solos urbanizables previstos no plan xeral do municipio
  • Cohesión social, coa repartición no ámbito de vivenda pública, protexida de réxime especial, xeral ou concertado e vivenda libre
  • Participación e implicación do sector privado para a execución e financiamento das vivendas
  • Posibilidade de execución simultánea de urbanización e edificación
  • Vivenda para a mocidade, co establecemento de reservas que faciliten o acceso de vivenda aos mozos con tipoloxías adaptadas as súas necesidades
LUGO (S-5R Barrio do Sagrado Corazón)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Lugo (S-5R Barrio do Sagrado Corazón

Prazo de alegacións pechado

VIGO (SUB 405 Ofimático)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Vigo (Sub 405 Ofimático)

Prazo de alegacións pechado

ARTEIXO (A Penouqueira - A Baiuca)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Arteixo (A Penouqueira - A Baiuca)

Prazo de alegacións pechado

OURENSE (Escorial - O Vinteún)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Ourense (Escorial - O Vinteún)

Prazo de alegacións pechado

PONTEVEDRA (Sector B-5 - sector leste - estrada de San Mauro)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (Sector B-5 - sector leste - estrada de San Mauro)

Prazo de alegacións pechado

Participación

Resumo
Anexo

Resumo da Resolución do 29 de xullo de 2026, pola que se regula o procedemento de participación para as persoas propietarias de solo afectadas polo Proxecto de Interese Autónomico (PIA) para a creación de solo residencial no sector de solo urbanizable B-5 Leste - Estrada de San Mauro, en Pontevedra, publicada no Diario Oficial de Galicia o 30 de xullo de 2026 e que podemos extractar, a título meramente informativo, en 5 puntos:

1. Requisitos de participación. Para que as persoas propietarias de solo poidan incluír as súas parcelas neste plan, cada parcela deberá cumprir o seguinte:

  • Data de adquisición: haber adquirido a parcela antes do 20 de agosto de 2025 (salvo adquisición mortis causa posterior a dita data).

  • Tamaño mínimo: cumprir coa superficie mínima para acceder á parcela de resultado elixida, segundo o disposto no anexo relativo á relación de parcelas de resultado (admítese a agrupación de parcelas de titulares diferentes co fin de acadar a superficie mínima).

  • Sen vivendas: non ter ningún inmoble identificado como vivenda dentro da parcela.

  • Limpia de cargas: a parcela debe de estar libre de débedas, embargos e outras cuestións xurídicas.

  • Fianza provisional: débese achegar unha garantía económica de 1,5 € por cada metro cadrado da finca orixinal. Esta fianza devolverase ao asinar o convenio definitivo.

2. Medición das fincas (Catastro e Rexistro)

  • Se a finca no está no Rexistro da Propiedade: terase en conta a superficie que indique o Catastro. Se a realidade difire das escrituras en máis dun 10%, non será admitida.

  • Se a finca está rexistrada: Catastro e Rexistro da Propiedade deberán coincidir o ter unha diferenza menor ao 10%. Se é superior, la persoa titular deberá corrixir os datos legalmente antes de presentar a súa solicitude.

3. Prazo e presentación de solicitudes

  • Datas: as propostas débense entregar no prazo máximo de 3 meses, desde o 1 de setembro ata o 30 de novembro de 2026.

  • Lugar: no Rexistro Xeral do IGVS en Santiago de Compostela ou a través dos medios indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • Documentación: deberán achegar DNI/NIF, escrituras de propiedade, certificacións do Rexistro e Catastro, recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ao día e o resgardo de pago da fianza provisional. (Se participan varios propietarios xuntos, deberán comprometerse a crear unha sociedade ou cooperativa antes de asinar).

4. Resposta do IGVS

  • Prazo: o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), terá 3 meses para aceptar o rexeitar a solicitude. Se non responde nese tempo, considerarase rexeitada.

  • Criterio de desempate: se varios propietarios piden a mesma parcela resultante, daráselle prioridade ao que achegue máis superficie de terreo orixinal.

  • Límite: ningún participante pode recibir parcelas que sumen máis de 15.400 m² edificables de vivenda libre colectiva.

  • Garantía definitiva: ao ser aceptado, deberase cambiar a fianza provisional por unha definitiva equivalente ao 10% dos custos de urbanización (calculados sobre unha base de 142,6498€ por m² achegado).

5. Convenio e obrigas dos participantes

  • Prazo de sinatura: débese asinar o convenio definitivo nun prazo máximo de 2 meses tras recibir a aprobación. De non facelo, perderase a fianza e o IGVS expropiará o terreo.

  • Custos de urbanización: o propietario deberá pagar os gastos de urbanización da zona. Se estes gastos suben máis dun 20% do previsto, o propietario pode botarse atrás e pedir que lle devolvan o seu diñeiro e lle expropien de forma xusta.

  • Prazos para construír as vivendas: unha vez urbanizado o sector, o propietario terá:
    a) 4 meses para pedir a licenza de obras.
    b) 3 meses para empezar a construír desde que lle dan a licenza.
    c) 3 anos como máximo para terminar as casas.

  • Consecuencias do seu incumprimento: se non se cumpren os prazos de obra ou de pago, o IGVS expropiará os terrenos asignados e aplicará penalizacións económicas.

 

A CORUÑA (SUD 4 Monte Mero)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en A Coruña (SUD 4 Monte Mero)

Prazo de alegacións pechado

SANTIAGO (SUD 1 Mallou)

Proxecto de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Santiago (SUD 1 Mallou)

Prazo de alegacións pechado