Censo de vivendas baleiras

O Decreto polo que se crea o Censo de Vivendas Baleiras foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro de 2016. Este censo permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas.

Deberán inscribirse no censo as vivendas baleiras situadas en concellos de máis de 10.000 habitantes que sexan de titularidade de entidades de crédito e de entidades de xestión de activos, en edificios de tipoloxía residencial colectiva e complexos inmobiliarios (bancos e SAREB).

A petición dos propietarios das vivendas poderán inscribirse no censo, con carácter voluntario, o resto das vivendas non obrigadas a inscribirse.

Para favorecer a ocupación destas vivendas o IGVS impulsará convenios cas entidades para utilizar as vivendas para realoxos e desafiuzamentos, realizará funcións de intermediación entre as entidades financeiras e os demandantes inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda, poderá incorporar as vivendas baleiras a calquera dos programas existentes no IGVS, etc.

Proximamente estará dispoñible o sistema para a inscrición a través da web da Xunta de Galicia.

Documentos relacionados

DECRETO 17/2016, do 18 de febreiro, polo que se crea e se regula o Censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia. Especificación de formato de arquivo csv para a carga da relación de vivendas baleiras no procedemento VI426A - Anexo I

Ligazóns relacionadas

Sede electrónica - VI426A - Inscrición obrigatoria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica - VI426B - Inscrición voluntaria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.