Adquisición de locais para VPP en Ourense

O IGVS convoca o concurso para a adquisición de locais sen uso na cidade de Ourense, para a súa transformación en vivendas que serán cualificadas como de promoción pública. O concurso constitúe unha experiencia piloto e desenvolverase na cidade de Ourense por ser onde o IGVS ten máis dificultades para dispoñer de solo para a construción de novas vivendas.

Os locais que adquira o IGVS a través desta oferta pública deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar situados na planta baixa ou entreplanta de edificacións existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, cun uso terciario. As edificacións nas que se sitúen deberán presentar un bo estado de conservación e emprazarase na trama urbana de Ourense.
  • Estar libres de cargas e gravames e inscritos no Rexistro da Propiedade.
  • Cada local deberá permitir a construción de, polo menos, unha vivenda, a cal deberá cumprir as condicións exixidas pola normativa en materia de edificación e de habitabilidade que resulte aplicable, coas excepcións e especialidades previstas no artigo 76 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
  • A superficie útil das vivendas resultantes será igual ou inferior aos 90 m2, podendo, excepcionalmente, acadar ata un máximo de 120 m2.
  • Non poderán estar suxeitos a servidumes ou outras cargas que supoñan un obstáculo para a súa conversión en vivenda nin existir  condicionantes técnicos ou xurídicos que impidan a súa conversión.
Concello de Ourense

Adquisición, polo IGVS, en pleno dominio, de locais de titularidade privada cun uso terciario, emprazados na planta baixa ou entreplanta de edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que presenten un bo estado de conservación e que estéan emprazadas na zona urbana do concello de Ourense.

Resolucion-19-de-decembro-de-2025.pdf

Enlace anuncio DOG