Mellora da eficiencia enerxética
Programas de axudas para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas en materia de eficiencia enerxética.
- Eficiencia energética PREE
-
SUBVENCIÓN Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE) CÓDIGO PROCEDEMENTO VI406C PUBLICACIÓN DOG núm. 225, do 06/11/2020. Resolución do 4 de novembro de 2020, pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes , con carácter plurianual (código de procedemento VI406C) BASES REGULADORAS BOE núm. 212, do 6/08/2020. Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás Comunidades Autónomas e Cidades de Ceuta e Melilla. OBXECTO Contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables. PROCEDEMENTO Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 02/01/2021 ATA O 31/07/2021. TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica. Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Opción B – Actuacións nunha ou varias vivendas ou locais do edificio, consideradas individualmente ou sobre partes dun edificio
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS So se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, non considerándose subvencionable ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 7 de agosto de 2020. REQUISITOS - Non serán elixibles aquelas actuacións que non consigan e xustifiquen unha redución do consumo de enerxía final dun 10 % con respecto á súa situación de partida e que non melloren a cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m 2 ano), con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A e se propoñan medidas de mellora.
Esta mellora da súa cualificación enerxética poderá obterse mediante a realización dunha tipoloxía de actuación, dunha combinación de varias ou mediante a realización de medidas parciais dunha ou de varias actuacións diferentes.
- Ademais deberán cumprirse os seguintes requisitos:
a) Que o edificio fora construído con anterioridade a 2007.
b) Que polo menos un 70% da superficie construída sobre rasante do edificio debe estar destinada a uso residencial.
PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses, a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses. SOLICITANTES a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non houberan outorgado o título constitutivo de Propiedade Horizontal.
CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DA INVERSIÓN TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS AXUDA BASE AXUDA ADICIONAL Opción A Opción B % adicional criterios sociais (*) % adicional: eficiencia enerxética % adicional actuación integrada Cualificación final A Cualificación final B Incremento de 2 ou mais letras Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica Tipoloxía 1 . Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica 35% Máximo 6.000 € vivenda 25% Máximo 6.000 € vivenda 15 15 10 5 20 Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas Subtipoloxías Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica 35% 25% 10 10 5 0 15 Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica 10 0 0 0 15 Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas 10 0 0 0 10 Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 0 10 5 0 0 Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas 0 10 5 0 0 Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación 15 15 0 10 5 0 0 Nota (*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais só contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública. Cálculo da contía da axuda Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía da actuación, que debe sinalarse no anexo I de solicitude, pode consultarse o seguinte enlace http://pree-calculo.idae.es/ DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE - 1.Anexo 1 de solicitude
- 2. Documento que acredite a representación, no caso de haber representante
- 3. Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.
- 4.Informe xustificativo asinado pola persoa solicitante no que se indicarán as tipoloxías de actuación nas que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.
- 5. Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado trala reforma proposta para a que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 235/2013, do 5 de abril, demostrando que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO 2 /m 2 ano), con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio e unha redución do consumo de enerxía final dun 10% con respecto á súa situación de partida, exclusivamente coas medidas para as que solicita axuda. O certificado deberá estarasinado por técnico/a competente, non sendo necesario que este certificado de eficiencia enerxética estea inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia
- 6 . Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida, subscrita por técnico/a competente ou instalador, de ser o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento Básico do Aforro de Enerxía DB-HE do Código Técnico da Edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita axuda .
- 7. Presuposto da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desglosado, de data posterior ao 7 708/2020.
- 8.Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, de ser o caso.
- 9. Anexo II ,de comprobación de datos das persoas participes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas participes e interesadas na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV)
- 10. Anexo III , de certificado do/s acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme ao disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar ao presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias participes nas obras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación nelas e o número total de vivendas que integran o edificio.
- 11. Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non tiveran outorgado o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou a un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidera corresponder e que constará como solicitante da axuda, debendo especificar a relación das persoas propietarias participes nas obras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación.
- NOTA IMPORTANTE . As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados cos números 4, 5, 6, 9, 10 e 11 (resaltados en amarelo) , serán automaticamente inadmitidas.
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes. INFORMACIÓN - DIRECCIÓN TÉCNICA DE FOMENTO ..............................................981957527 / 981541990 / 981541998 / 881999067 / 981957528 / 981957535
- 012
- SERVIZOS CENTRAIS IGVS...............................................................981541981 / 981541982 / 981957529
CONSULTAS programapree.igvs [at] xunta.gal (programapree[dot]igvs[at]xunta[dot]gal) ............... cuestións administrativas
calidade.igvs [at] xunta.gal (calidade[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)..........................cuestións técnicas
Normativas relacionadas
RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C). CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).
Documentos relacionados
Guía das Axudas Cartel Obra Cartel con indicacións de modificacións-PREEE Declaración responsable, artigo 18, punto 3h
- Eficiencia enerxética PREE5000
-
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000)
SUBVENCIÓN Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000) CÓDIGO PROCEDEMENTO VI406D PUBLICACIÓN DOG núm. 212 do 04/11/2021. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (Programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D). BASES REGULADORAS BOE núm. 185, do 4/08/2021. Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas. OBXECTO Contribuír a alcanzar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, con independencia do seu uso e da natureza xurídica dos seus titulares, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables, contribuíndo a conseguir así os obxectivos de redución do consumo de enerxía final. PROCEDEMENTO Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 03/01/2022 ATA O 30/09/2022. TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica. Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda.
Opción B – Actuacións en vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente.
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS Só admitiranse actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, non considerándose elixible ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 5 de agosto de 2021. REQUISITOS - Deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007.
- No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, polo menos un 70 % da superficie construída sobre rasante do edificio debe estar destinada a uso residencial.
- As actuacións deberán conseguir as dúas seguintes condicións: Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación actual do edificio e a mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A. Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, non sendo necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.
PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses, a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses. SOLICITANTES a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DO INVESTIMENTO TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS AXUDA BASE AXUDA ADICIONAL Opción A Opción B % adicional criterios sociais ( * ) % adicional: eficiencia enerxética % adicional actuación integrada Cualificación final A Cualificación final B Incremento de 2 ou mais letras Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica Tipoloxía 1 . Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica 50% 40% 15% 15% 10% 5% 25% Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas. Subtipoloxías Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica 40% 30% 10 10 5 0 20 Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica 10 0 0 0 20 Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas 10 0 0 0 15 Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 0 10 5 0 5 Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas 0 10 5 0 5 Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación 20 20 0 10 5 0 5 Nota (*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais só contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública. Listado de concellos de reto demográfico
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE - 1.Anexo 1 de solicitude
- 2. Documento que acredite a representación, no caso de haber representante.
- 3. Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais
-
4.Informe xustificativo asinado pola persoa o entidade solicitante, que no caso dunha comunidade de persoas propietarias será o/a presidente/a, no que se indicarán as tipoloxías de actuación nas que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.
5. Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado trala reforma proposta e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, una letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año) e se consigue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30% con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RGEEE. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no apartado 2.b) do punto 1 do Anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
6. Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida, subscrita por técnico/a competente ou instalador, no seu caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento Básico do Aforro de enerxía DB-HE do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita a axuda.
O proxecto ou memoria técnica incluirá un Estudo de xestión de Residuos onde se xustifique o cumprimento do apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, asinado por técnico competente, ou no seu defecto, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario no que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao medio ambiente ou, no seu caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente», publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico.
7. Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desglosado, de data posterior ao 5 de agosto de 2021. No suposto de que o importe correspondente aos custes elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros para obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme cos criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
8. Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, no seu caso.
9. Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» no sentido establecido no apartado 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
10. Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación na que se van levar a cabo as actuacións subvencionables.
11. Anexo II, para o caso da opción A de edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, de comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).
12. Anexo III, de certificado do/s acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme co disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar ao presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias comuneiras, con indicación dos seus correspondentes cotas de participación e o número total de vivendas que integran o edificio, así como cales delas participan nas obras.
13. Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas e de persoas xurídicas de natureza privada, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non tiveran outorgado o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou a un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidera corresponder e que constará para os efectos deste programa ben como solicitante da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas ou de persoas xurídicas) ben como encargado de efectuar e xustificar o investimento obxecto da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas e persoas xurídicas), debendo especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación das súas correspondentes cotas de participación na propiedade do edificio, así como cales delas participan nas obras.
NOTA IMPORTANTE. As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados cos números 4, 5, 6, 11, 12 e 13 (resaltados en amarelo), serán automaticamente inadmitidas.
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes. INFORMACIÓN - 012
- SERVIZOS CENTRAIS IGVS...........................................................981541981-981957529
CONSULTAS programapree.igvs [at] xunta.gal (programapree[dot]igvs[at]xunta[dot]gal) ............... cuestións administrativas
calidade.igvs [at] xunta.gal (calidade[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)..........................cuestións técnicas
Normativas relacionadas
Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021) Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación energética en edificios existentes, en ejecución do Programa de rehabilitación energética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de regeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e regeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas (BOE nº 185 de 4 de agosto de 2021).
Documentos relacionados
Modelo declaración responsable non perxuicio significativo Modelo declaración responsable xustificar artigo 17 punto 11 Declaración responsable, artigo 18, punto 3i Guía de non causar danos Modelo informe xustificativo Cálculo PREE5000 definitivo Cartel Obra
- Mellora da eficiencia enerxética en edificios
-
Axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (VI406F)
Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas:
- As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídica de natureza privada.
- As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
- As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código Civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.
- As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme co disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de Propiedade Horizontal e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.
- As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
Requisitos das actuacións subvencionables
Son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas (neste último caso exixirase que, polo menos, o 50% da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda), sempre cumpran os seguintes requisitos:
- Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35% se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25% se están situados en zona climática C.
- Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.
- No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico nos que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento Básico DB HE de Aforro de enerxía do Código Técnico da Edificación.
- Así mesmo, nos edificios nos que se realizaren nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética nas que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no apartado 1 quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude, se alcanzara a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida, o que deberá acreditarse mediante a correspondente certificación de eficiencia enerxética.
Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.
Contía das axudas
a contía máxima da subvención a conceder por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións a desenvolver e non poderá superar os seguintes límites:
Aforro enerxético conseguido coa actuación Porcentaxe máxima da subvención do custe da actuación Vivenda Locais comerciais ou outros usos Contía máxima da axuda por vivenda (euros) Contía máxima da axuda por m2 (euros) 30% ≤ ΔCep,nren < 45% 40 6.300 56 45% ≤ ΔCep,nren < 60% 65 11.600 104 ΔCep,nren ≥ 60% 80 18.800 168 Dentro dos límites establecidos na táboa anterior, poderán considerarse subvencionables os custos de xestión inherentes ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados, os honorarios dos profesionais intervinientes na xestión e desenvolvemento das actuacións, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativos e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poidan ser susceptibles de recuperación ou compensación total ou parcial.
Naqueles casos nos que se teña que proceder á retirada de elementos con amianto, poderá incrementarse a contía máxima da axuda na cantidade correspondente aos custos debidos á retirada, a manipulación, o transporte e a xestión dos residuos de amianto mediante empresas autorizadas, ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.
- Cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgunha das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, e de acordo cos criterios establecidos na comisión bilateral de seguimento, poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable ao dito propietario ou usufrutuario.
Documentos relacionados
Cadro resumo sobre a axuda Cartel de obra Modelo Anexo autorización comprobación de datos previo pago-anticipo Cartel de obra 2023 Cartel de obra 2022
Ligazóns relacionadas
Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F) EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)
- Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
-
Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU
Axudas ás actuacións á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU (VI406G)
Estas axudas teñen por obxecto o impulso á implantación e xeneralización do Libro de edificio existente para a rehabilitación, mediante unha subvención que cubra parte dos gastos de honorarios profesionais pola súa emisión, así como o desenvolvemento de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios de acordo cos límites establecidos, co propósito de activar a demanda dunha rehabilitación enerxética significativa e de alta calidade nos edificios.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.
- As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
- As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
- As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme ao disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
Requisitos das actuacións subvencionables
Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:
- A emisión do Libro do edificio existente para a rehabilitación (Liña A).
- A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (Liña B).
Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Estar rematados antes do ano 2000.
- Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.
Estes dous requisitos poderanse acreditar mediante escritura, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.
Nos proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios, a actuación proposta debe cumprir os requisitos establecidos no artigo 33 do Real decreto 7 853/2021, do 5 de outubro, para poder ser considerada como actuación subvencionable dentro do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio.
Contía das axudas
- A contía máxima da subvención para o Libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:
- No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.
- No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.
Se non se dispón do Informe de Avaliación do Edificio ou documento análogo, a axuda poderá incrementarse ata nun 50 %.
- No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:
- No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.
- No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2022.
Normativas relacionadas
Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G) EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G)
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas
Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F) EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)
Documentos relacionados
Guía de axudas a obras de rehabilitación de eficiencia enerxética