Control de Calidade na Edificación
As obrigas en canto á calidade na edificación veñen dadas polas directrices do Decreto 232/1993 e do Real Decreto 314/2006, polos que se regula o control de calidade na edificación. Porén o impulso á calidade verase reflectida nunha futura Lei de Calidade.
- Control de Calidade
-
O IGVS ten asignada pola Lei da súa creación, entre outras, a función da inspección e as competencias en materia de control de calidade da edificación. As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación.
Neste sentido xa o Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra. Este mesmo Decreto outórgalle ao IGVS a facultade inspectora, de oficio ou por instancia de parte, para calquera obra en execución que se atope en Galiza.
A calidade na edificación
A lei de ordenación da edificación que regula o proceso da edificación, establece no artigo 3.2 que o Código Técnico da Edificación será o marco normativo regulador das exixencias básicas de calidade dos edificios e das súas instalacións. Así tamén establece, no seu artigo 13 quen é o axente da edificación encargado de controlar a calidade do edificado e, no seu artigo 14 establece que son as entidades e os laboratorios os axentes capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a verificación e mediante a realización de ensaios, da calidade da edificación.
Plan de control de calidade na edificación
De acordo co Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo polo que se aproba o código técnico da edificación (CTE), na parte 1ª, o proxecto deberá contar co plan de control da obra redactado nun documento anexo á memoria cunha relación valorada dos ensaios, probas, ou verificacións que conteña en función do tipo de materiais, dos sistemas construtivos e das instalacións especificadas no proxecto. O CTE, desenvolve no seu Anexo I, artigo 6, as condicións dos proxectos, entre as cales deben figurar as relativas a “Verificacións e probas de servizo, que no seu caso deban realizarse para comprobar as prestacións finais do edificio”.
O plan de control de calidade especificará as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades da obra integrantes do proxecto, de conformidade coas disposicións xerais vixentes de obrigado cumprimento, e cos criterios que adopte o redactor do proxecto redactadas na memoria e na descrición nas partidas correspondentes do orzamento nun documento a parte: “ANEXO CONTROL DE CALIDADE”, que formará parte do proxecto. Este documento incluirá unha memoria e unha relación valorada dos ensaios, probas, ou verificacións que conteña en función do tipo de materiais, dos sistemas construtivos e das instalacións especificadas no proxecto. O código Técnico da Edificación e o documento que regula as exixencias básicas de calidade, así como o control para
O artigo 7.2 do RD 314/2006, do 17 de marzo, establece a necesidade de documentar o proceso de control de calidade realizado no transcurso das obras, sinalando no apartado 4 a sistemática do control e desenvolto no artigo 7 do CTE
Comisións de calidade da edificación
O IGVS, como órgano competente da comunidade autónoma participa como membro da CICE (Comisión de infraestruturas de calidade da edificación) e SACE (Subcomisión de calidade da edificación) que asisten ao Comité da Calidade de Edificación creado polo Real Decreto 315/2006 de 17 de marzo.
Nestas comisións créanse diferentes grupos de traballo: CTE e normativa, Xestion do control de calidade, Vida útil do edificio, Formato de intercambio de datos e Infraestruturas para a calidade da edificación.
As funcións principais de estas comisións son:
- Elaborar propostas para definir estratexias, políticas e medidas en materia de sostibilidade, innovación e calidade da edificación.
- Informar os proxectos normativos do Goberno sobre a materia.
- Promover a adaptación das disposicións regulamentarias en materia de edificación ás decisións, recomendacións e orientacións da Unión Europea e outras organizacións internacionais.
- Impulsar a realización de estudos e informes en materia de sostibilidade, innovación e calidade da edificación.
- Promover a creación de bases de datos de información e de estatísticas necesarias para a mellor toma de decisións nestes ámbitos.
- Propiciar a coordinación das actuacións das Administracións Públicas e dos axentes da edificación en materia de fomento da innovación, a sostibilidade e a calidade da edificación.
- Realizar o seguimento da aplicación da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.
- Impulsar o desenvolvemento e a permanente actualización do Código Técnico da Edificación (en diante, CTE), en atención á evolución da técnica e necesidades da sociedade
Normativas relacionadas
DECRETO 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente LEI 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.(«BOE» 266, do 6-11-1999.)
Documentos relacionados
Decreto 232/1993 polo que regula o control de calidade na edificación Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenrolan os requisitos exisibles ás entidades de control de calidade da edificación e a os laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da sua actividade
- Distintivo de calidade DCOR
-
O Código Estrutural, aprobado por Real Decreto 470/2021, do 29 de xuño, establece no seu artigo 18 que de forma voluntaria, os produtos e os procesos poden dispoñer das garantías necesarias para que se cumpran os requisitos mínimos contemplados no mesmo, mediante a incorporación de sistemas (por exemplo, os distintivos de calidade) que avalen, a través das correspondentes auditorías, inspeccións e ensaios, que os seus sistemas de calidade e os seus controis de produción, cumpren as esixencias requiridas para a concesión de tales sistemas. Os devanditos sistemas deberán ser coherentes coas consideracións especiais contempladas no Código Estrutural, co fin de que o índice de fiabilidade da estrutura sexa polo menos o mesmo, independentemente dos materiais que utilice.
A partir do 1 de xullo de 2023 non existen distintivos de calidade oficialmente recoñecidos conforme á Instrución EHE-08 (DOR). Con todo, os produtos que conforme á Disposición transitoria única do Real Decreto 470/2021, do 29 de xuño, aínda se fornezan a obras proxectadas de acordo coa Instrución EHE-08, poderán manter a condición de produto certificado con recoñecemento oficial conforme á Instrución EHE-08, baixo o amparo dun distintivo de calidade oficialmente recoñecido conforme ao Código Estrutural (DCOR), sendo o organismo de certificación que emita devandito certificado o responsable de garantir a conformidade coa Instrución EHE-08
Segundo o artigo 18.1 do Código Estrutural estarán lexitimados para presentar as solicitudes de recoñecemento oficial dun distintivo de calidade, os organismos de certificación acreditados conforme aos apartados deste Código que lle sexan de aplicación e á norma UNE-EN ISO/IEC 17065 segundo o Regulamento (CE) Nº 765/2008, do Parlamento Europeo e do Consello do 9 de xullo, polo que se establecen os requisitos de acreditación e vixilancia do mercado relativos á comercialización de produtos.
Requisitos dos distintivos de calidade
Segundo o artigo 18.1 do Código Estrutural estarán lexitimados para presentar as solicitudes de recoñecemento oficial dun distintivo de calidade, os organismos de certificación acreditados conforme aos apartados deste Código que lle sexan de aplicación e á norma UNE-EN ISO/IEC 17065 segundo o Regulamento (CE) Nº 765/2008, do Parlamento Europeo e do Consello do 9 de xullo, polo que se establecen os requisitos de acreditación e vixilancia do mercado relativos á comercialización de produtos.
Ligazóns relacionadas
- Entidades e Laboratorios
-
Entidades e Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade na Edificación
Son entidades de control de calidade da edificación aquelas capacitadas para prestar asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, dos materiais e da execución da obra e as súas instalacións de acordo co proxecto e a normativa aplicable. Para o exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha declaración responsable na que se declare que cumpre cos requisitos técnicos esixidos regulamentariamente ante o organismo competente da Comunidade Autónoma na que teña o seu domicilio social ou profesional.
Son laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación os capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a realización de ensaios ou probas de servizo dos materiais, sistemas ou instalacións dunha obra de edificación. Para o exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha declaración responsable por cada un dos seus establecementos físicos dende os que presta os seus servizos na que se declare que estes cumpren cos requisitos técnicos esixidos regulamentariamente, ante os organismos competentes da Comunidade Autónoma correspondente.
Son obrigas das entidades e dos laboratorios de control de calidade:
a) Prestar asistencia técnica e entregar os resultados da súa actividade ao axente autor do encargo e, en todo caso, ao responsable técnico da recepción e aceptación dos resultados da asistencia, xa sexa o director da execución das obras, ou o axente que corresponda nas fases de proxecto, a execución das obras e a vida útil do edificio.
b) Xustificar que teñen implantado un sistema de xestión da calidade que define os procedementos e métodos de ensaio ou inspección que utiliza na súa actividade e que contan con capacidade, persoal, medios e equipos axeitados
Requisitos para o exercicio da actividade
Co obxecto de exercer a súa actividade, as ECCE e os LECCE deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Presentar a declaración responsable correspondente ante o IGVS, xunto co xustificante do pago de taxas relativas á declaración responsable, establecidas no anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade autónoma de Galicia.
b) Cumprir os requisitos xerais, técnicos e de calidade establecidos para a realización dos ensaios e as probas de servizo nos que vaian a prestar a súa asistencia de acordo co Anexo II do Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos esixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade.
O órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia para a verificación, o control e a inspección das ECCE e dos LECCE, así como para a recepción da declaración responsable que lles habilita para o exercicio da súa actividade e as consecuencias administrativas derivadas da mesma é o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Normativas relacionadas
Real Decreto 410/2010, de 31 de marzo, por el que se desarrollan los requisitos exigibles a las entidades de control de calidad de la edificación y a los laboratorios de ensayos para el control de calidad de la edificación, para el ejercicio de su actividad. DECRETO 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente.
Documentos relacionados
Rexistro xeral de laboratorios Rexistro xeral de Entidades para o Control da Calidade na Edificación Relación de ensaios e probas de servizo que podan realizar os laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación para a prestación da súa asistencia
Ligazóns relacionadas
RELAGA - Rexistro de entidades e laboratorios Aplicación de laboratorios e entidades Formulario ECCE VI476A para Declaración Responsable de Entidades Formulario LECCE VI476B para Declaración Responsable de Laboratorios Tarifa Vixente Tasas (31.22.03) Formulario Tasas Rexistro Xeral de Entidades e Laboratorios do CTE
- Plan ensaios interlaboratorios
-
O Real Decreto 410/2010, de 31 de marzo, que regula os requisitos que deben cumprir os laboratorios para o exercicio da sua actividade, establece que estes deben ter implantado un sistema de xestión de calidade de conformidade coa UNE EN ISO 17025 e a participación en comparacións de interlaboratorios constitúe un aseguramento da validez dos resultados do laboratorio e, polo tanto, un método de aseguramento da súa calidade, de acordo coa citada norma.
O Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixidas para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente, establece no artigo 22 que o plan de inspeccións do IGVS determinará o número, a periodicidade e as condicións dos ensaios de contraste que os laboratorios deberán realizar, como cumprimento dos requisitos exixibles, que forman parte do réxime de inspeccións.
De conformidade co ordinal 4.3. Ensaios e probas de contraste da Resolución do 10 de decembro de 2013, da Dirección Xeral do Instituto da Vivenda e Solo, é obrigatoria a participación no programa de ensaios contraste elaborada polo Servizo de Calidade e aprobada pola Dirección Xeral do IGVS, que con carácter anual establecerá o tipo de ensaios e probas que deben realizar os laboratorios habilitados, de acordo coa súa declaración responsable.
O IGVS, como organismo competente, colabora na proposta de ensaios aprobada pola Subcomisión Administrativa de Calidade da Edificación (SACE), e que formarán parte do programa de intercomparación de ensaios anual.
Plan EILA
O Plan EILA, Plan ensaios Interlaboratorios, é un instrumento que posibilita aos organismos competentes fomentar e velar porque exista un determinado nivel de calidade nos servizos prestados polos laboratorios declarados na CCAA onde se atopen, de acordó co RD 410/2010 e que faciilita a estes laboratorios o cumprimento dos requisitos establecidos para exercer a súa su actividad e asegurar a calidade dos seus resultados, de acuerdo a la UNE EN ISO/IEC 17025.
Ligazóns relacionadas
Resultados do exercicio de intercomparación de laboratorios EILA