Plans e programas
11/06/2021
- Compartir
O IGVS segundo dispón o artigo 3 da Lei 3/1988, de 27 de abril, da súa creación, é o organismo autónomo encargado de realizar a política de solo e vivenda da Xunta de Galicia, co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica, e a unha utilización do solo de acordo co interese xeral, erradicando a especulación e actuando como elemento de regulación do mercado inmobiliario e de mellora da calidade ambiental.
No marco destas atribucións, o IGVS aproba plans e programas autonómicos e xestiona os diferentes plans estatais e europeos que inciden no sector da vivenda.