Rehabilitación barrios

Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU (VI406H)

Este programa de axudas está previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e ten por obxecto o financiamento da realización conxunta de obras de rehabilitación en edificios de uso predominante residencial e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares, e de urbanización ou reurbanización de espazos públicos dentro de ámbitos de actuación denominados Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP), mediante a participación dos concellos no dito programa.

Procedemento de participación

Os concellos que queiran participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio na anualidade 2022, deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo normalizado, a través da Sede electrónica da Xunta, procedemento VI406H.  

Logo de examinar as solicitudes admitidas e con base na información que conste nelas, o IGVS realizará unha proposta de reparto do financiamento entre os concellos admitidos.

A proposta de reparto do financiamento será notificada aos concellos cuxas solicitudes foran admitidas. Estes concellos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da citada notificación, para realizar os axustes necesarios no Anexo III.

Logo o IGVS remitirá as solicitudes con toda a documentación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para os efectos da sinatura dos acordos específicos establecidos no artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, que se formalizarán entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o correspondente concello.

 

Prazo de presentación de solicitudes de participación 

O prazo de presentación de solicitudes de participación remata o 19 de outubro de 2022.

Normativas relacionadas

Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Resolución do 8 de xullo de 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU e se abre o prazo de participación para a anualidade 2022 (código de procedemento VI406H).

Documentos relacionados

Cadro resumo axuda

Ligazóns relacionadas

Acceso á sede electrónica da Xunta