ARI supramunicipais
Son áreas de rehabilitación integral cun ámbito que afecta a diferentes municipios que responden a criterios de proximidade xeográfica, características arquitectónicas e problemáticas similares, sempre que exista un nexo de unión entre os devanditos ámbitos, xa sexa de carácter histórico, xeográfico, cultural ou ambiental, que motive que deba ser tratado como un conxunto.
A xestión das áreas de rehabilitación integral supramunicipais corresponde directamente ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- ARI Camiños de Santiago
-
As Áreas de Rehabilitación teñen por obxecto a intervención sobre un conxunto de edificacións con usos residenciais que se atopan en situación de deterioro, tanto no medio urbano coma no rural, para os efectos de mellorar a habitabilidade das vivendas situadas nos centros urbanos, conxuntos históricos, cuarteiróns, ou barrios, municipios rurais ou núcleos singulares, de tal xeito que melloren a calidade de vida dos seus habitantes, satisfagan as necesidades de vivenda da cidadanía e supoñan unha recuperación do patrimonio edificado e de espazos urbanos ou rurais.
A Área de Rehabilitación Integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia foi declarada o 17 de decembro de 2010, no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e ampliada o 12 de abril de 2019, mediante Acordo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan de vivenda 2018-2021, co obxecto de incluír no seu ámbito de aplicación dous novos camiños. O ámbito de actuación desta área afecta a 662 parroquias de 126 concellos dentro das catro provincias galegas, que comprende o trazado das nove rutas do Camiño en Galicia, que son as seguintes:
- Francés: desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela.
- Da Prata I e da Prata II: desde A Mezquita ou Verín ata Ourense e desde Ourense ata Santiago de Compostela, respectivamente
- Inglés: desde Ferrol ou A Coruña, xuntándonse en Mesía ata Santiago de Compostela
- Primitivo: desde A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés
- Norte: desde Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés
- Fisterra-Muxía: desde Snatiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
- Camiño Inglés: desde Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
- Portugués polo interior: desde Tui ata Santiago de Compostela
- Portugués pola costa: desde A Guarda ata Redondela onde conecta co Camiño Portugués polo interior-
- Camiño de Inverno: desde Carballeda de Valdeorras ata Lalín onde conecta co Camiño da Prata ou Sanabrés.
Non obstante o anterior, nas conexións coas cidades e vilas importantes o ámbito das actuacións limítase exclusivamente ás vivendas e edificios situados no trazado do camiño. Así mesmo, non poderán acollerse a este programa as actuacións de rehabilitación ou renovación realizadas en edificios e vivendas situados en parroquias de concellos que estean integradas nos ámbitos doutras Ari xa declaradas pola Xunta de Galicia.
- ARI Illas Atlánticas
-
As Áreas de Rehabilitación teñen por obxecto a intervención sobre un conxunto de edificacións con usos residenciais que se atopan en situación de deterioro, tanto no medio urbano coma no rural, para os efectos de mellorar a habitabilidade das vivendas situadas nos centros urbanos, conxuntos históricos, cuarteiróns, ou barrios, municipios rurais ou núcleos singulares, de tal xeito que melloren a calidade de vida dos seus habitantes, satisfagan as necesidades de vivenda da cidadanía e supoñan unha recuperación do patrimonio edificado e de espazos urbanos ou rurais.
A Ari do Parque Nacional das Illas Atlánticas foi declarada mediante resolución ditada o 23 de xaneiro de 2019 pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS). O ámbito desta Ari correspóndese co do Parque Nacional das Illas Atlánticas, integrado polo espazo mariño e terretre dos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Trátase dunha Ari discontinua , que afecta a 4 concellos: Vigo, Bueu, Ribeira e Vilagarcía de Arousa
Dada a situación de illamento das edificacións e vivendas e a súa localización dentro dun parque natural con valores naturais a conservar, será obxectivo complementario na rehabilitación a autosuficiencia das instalacións enerxéticas mediante o uso de enerxías renovables e o uso racional dos acuíferos das illas.
- ARI Ribeira Sacra
-
As Áreas de Rehabilitación teñen por obxecto a intervención sobre un conxunto de edificacións con usos residenciais que se atopan en situación de deterioro, tanto no medio urbano coma no rural, para os efectos de mellorar a habitabilidade das vivendas situadas nos centros urbanos, conxuntos históricos, cuarteiróns, ou barrios, municipios rurais ou núcleos singulares, de tal xeito que melloren a calidade de vida dos seus habitantes, satisfagan as necesidades de vivenda da cidadanía e supoñan unha recuperación do patrimonio edificado e de espazos urbanos ou rurais.
A Ari da Ribeira Sacra foi declarada mediante resolución ditada o 21 de febreiro de 2020 pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e presidenta do IGVS. A Ribeira Sacra reúne os criterios para ser unha Ari supramunicipal, por ser un territorio continuo, con características históricas e culturais comúns con problemáticas da mesma índole, e cos ríos Miño e Sil como nexo de unión dos asentamentos de poboacións, que fai que se entenda este conxunto de espazos como un todo.
A delimitación da Ari comprende 25 concellos: Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo. Estes concellos teñen un total de 433 parroquias.
A Ribeira Sacra, trátase dun territorio moi singular, de grande valor ambiental e patrimonial, formado por un conxunto de espazos de gran identidade, tradición e evidencia de modos de vivir antigos, que está a sufrir un proceso de degradación física e social, que xustifican unha intervención pública.