Saltar al contenido

Portal IGVS

Actualidad

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • El IGVS
    Bienvenida Competencias Estructura Orgánica Legislación
    Atención al público Transparencia y gobierno abierto Actualidad
    + INFO
  • Áreas
    Ayudas Suelo residencial Edificación y calidad Vivienda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locales comerciales y garajes
    + INFO
  • Para ti
    Ciudadanía Empresas Ayuntamientos
    + INFO
  • Servicios
    Registros Depósito de fianza Publicaciones
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio de la Vivienda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • El IGVS
    • El IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servicios
    • Observatorios
  • Actualidad
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
volver Volver
  • El IGVS
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
      • Galería de imágenes

A Xunta prevé que o Consorcio do Casco Vello de Vigo remate en 2020 a rehabilitación de catro inmobles dos que obterá 11 vivendas

Escuchar

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá o edificio que se está a rehabilitar na rúa Cruz Verde e avanzou que está previsto que entre este mes e xaneiro, estas obras estean completamente rematadas

O Consorcio, que o vindeiro ano disporá dunha achega económica por parte da Xunta que duplica á que recibiu en 2019, adquiriu ata o momento 79 edificacións, a última delas localizada na Subida do Castelo e cuxo contrato foi asinado hoxe

Ángeles Vázquez anuncia que o ano que vén o IGVS porá a disposición dos vigueses en réxime de compra ou aluguer 62 novas vivendas de promoción pública

A Xunta prevé que o Consorcio do Casco Vello de Vigo remate en 2020 a rehabilitación de catro inmobles dos que obterá 11 vivendas

A Xunta prevé que o Consorcio do Casco Vello de Vigo remate en 2020 a rehabilitación de catro inmobles dos que obterá 11 vivendas

Thu Feb 06 08:00:00 CET 2020
  • Compartir

Vigo (Pontevedra), 3 de decembro de 2019. Os catro edificios que nestes momentos está a rehabilitar o Consorcio do Casco Vello de Vigo estarán previsiblemente rematados o vindeiro ano e permitirán poñer a disposición dos cidadáns un total de 11 vivendas e tres locais comerciais. Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita á cidade olívica que aproveitou, precisamente, para facer un percorrido polas principais obras e algúns dos inmobles nos que se está a actuar nestes momentos.

Tras lembrar que a Xunta leva investidos máis de 27 millóns de euros en actuacións de rehabilitación no casco vello vigués a través do Consorcio –entidade participada nun 90% polo Goberno galego-, Vázquez Mejuto lembrou que este esforzo permitiu adquirir nesta zona un total de 79 inmobles, dos que 53 xa foron rehabilitados. Precisamente, hoxe se formalizou o contrato de compra do último destes edificios, localizado na Subida do Castelo.

Así mesmo, a conselleira referiuse ás catro obras que ten en execución na actualidade o Consorcio do Casco Vello co obxectivo de obter en total 11 vivendas rehabilitadas e tres locais comerciais. De feito, durante a súa visita puido coñecer de primeira man o estado dos traballos nun destes inmobles, o do número 12 da rúa Cruz Verde, que é a actuación que está máis avanzada e, segundo adiantou Ángeles Vázquez, quedará completamente lista entre este mes e xaneiro. Os outros edificios que están a ser rehabilitados nestes momentos localízanse en Ribeira do Berbés, en Abeleira Menéndez e en Elduayen.

Neste sentido, a titular de Medio Ambiente puxo en valor o traballo desenvolvido estes últimos anos polo Consorcio do Casco Vello de Vigo co fin de revitalizar e recuperar gran parte deste importante ámbito urbano. Por iso e co fin de que poidan seguir con este traballo e executar máis actuacións de rehabilitación na zona, subliñou que o seu departamento “duplicará” en 2020 a súa achega económica a esta entidade, ata acadar os 400.000 euros.

Tamén en materia de rehabilitación, Ángeles Vázquez lembrou que Vigo conta nestes momentos con catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS), unha delas precisamente no propio casco vello. Grazas á convocatoria anual de axudas para financiar actuacións de mellora e recuperación nestas zonas degradadas, a cidade olívica recibiu ou ten dispoñibles aínda para executar máis de 12 millóns de euros. E en 2020, poderá optar a máis fondos, xa que os orzamentos reservan 6,5 millóns para distribuír entre todas as ARI de Galicia.

Neste sentido, a conselleira lembrou que é a Xunta, e concretamente o seu departamento, o que se encarga de tramitar e declarar novas ARIS na comunidade, unha vez que o concello interesado fai unha solicitude formal. No caso concreto de Vigo, aclarou, non se ten recibido ningunha notificación municipal ao respecto pero precisou que, se o Concello estivera interesado en pedir unha nova ARI para a cidade, a Consellería podería ter lista a declaración nun prazo de tres ou catro meses, unha vez avaliada a proposta municipal, a súa xustificación e toda a documentación requirida.

Investimento en novas VPP

En todo caso, como lembrou a conselleira, o compromiso da Xunta coa cidade máis poboada de Galicia en materia residencial non só se reflicte nas cifras de rehabilitación. Tamén se complementa coa construción de máis vivendas de protección pública (VPP). Así, avanzou que o vindeiro ano o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) rematará 62 novas VPP nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas, nas que investirán en total preto de 8,4 millóns de euros e que se destinarán a compravenda ou alugueiro social.

Nesta liña, a conselleira aproveitou a súa visita para lembrar que Vigo é a cidade cunha maior problemática residencial xa que concentra tamén a demanda máis numerosa de vivenda protexida e a porcentaxe máis alta de casos de desafiuzamento de Galicia.

Por iso e tendo en conta que preto do 36% do total de bonos de alugueiro social concedidos polo IGVS corresponden a familias residentes nesta cidade, instou ao Concello a sumarse ao Programa de Vivendas Baleiras, un instrumento que a Xunta puxo a disposición dos municipios, tal e como lembrou, para axudarlles a garantir o acceso a unha vivenda a cidadáns cunha situación económica e social complicada.

Área: Suelo residencial
Para ti: Ciudadanía ; Empresas y profesionales
Tipo información: Noticia

AYUDAS

  • Acceso a la vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Otras ayudas

SUELO RESIDENCIAL

  • Planes y proyectos de suelo residencial
  • Adquisición de suelo residencial
  • Venta de suelo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidad
  • Publicaciones técnicas

VIVIENDA

  • Planes y programas
  • Viviendas de promoción pública
  • Vivienda de protección autonómica
  • Realojos
  • Locales del IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición de inmuebles por el IGVS
  • Actuaciones propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

  • Atención a la ciudadanía
  • Accesibilidad
  • Aviso legal
  • Mapa del portal