La delimitación para esta área procede de la delimitación establecida en las Normas Subsidiarias del...
ARI gestionadas por ayuntamientos
As Áreas de Rehabilitación teñen por obxecto a intervención sobre un conxunto de edificacións con usos residenciais que se atopan en situación de deterioro, tanto no medio urbano coma no rural, para os efectos de mellorar a habitabilidade das vivendas situadas nos centros urbanos, conxuntos históricos, cuarteiróns, ou barrios, municipios rurais ou núcleos singulares, de tal xeito que melloren a calidade de vida dos seus habitantes, satisfagan as necesidades de vivenda da cidadanía e supoñan unha recuperación do patrimonio edificado e de espazos urbanos ou rurais.
As áreas de rehabilitación integral xestionaranse a través do concello en que se atopen, en coordinación e baixo as directrices do Instituto Galego da Vivenda e Solo en canto ás actuacións subvencionables, aos procedementos de cualificación da actuación de rehabilitación e, se é o caso, aos de concesión de axudas que sexan da competencia do referido Instituto.