Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta recibe oito ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo que permita a construción de case 1.800 vivendas en Vigo e Vilagarcía de Arousa

Escoitar

Trátase da contratación da redacción do PIA, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de 20,1 hectáreas de solo en Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas

O lote 1 céntrase no ámbito que se desenvolverá en Vigo, que é o de Cantabria-Ramón Nieto-Santa Cristina, de 13,9 ha, onde se poderán construír 1.392 vivendas

O lote 2 atinxe a Vilagarcía, é o ámbito a desenvolver é o comprendido entre a avenida Carolinas e as rúas Coca e Arealonga, de 6,2 ha, onde se poderán construír 350 vivendas

Este contrato enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta para desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres

Wed Jun 04 12:22:51 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

A Xunta recibiu oito ofertas de empresas para executar o servizo de redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA), para desenvolver solo que permita a construción de vivenda protexida en Vigo e en Vilagarcía de Arousa.

Baixo este contrato, licitado por un orzamento de 568.911 euros, tratase de desenvolver o PIA, o proxecto de expropiación e o de parcelamento, para a obtención de 20,1 hectáreas de solo nos concellos de Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas.

A Xunta licitou este contrato, que dividiu en dous lotes, estes dous ámbitos, elixidos en consenso cos respectivos concellos de Vigo e de Vilagarcía, cunha superficie total de 20,1 hectáreas, onde se estima poderán construírse un total de 1.742 vivendas.

En concreto, presentáronse catro ofertas ao lote 1, que atinxe ao municipio de Vigo, trátase do ámbito do SUB 403 comprendido entre as rúas Cantabria, Ramón Nieto e Santa Cristina, de un total de 13,9 hectáreas. Nesta contorna a previsión é de construír 1.392 vivendas.

Ao lote 2 concorreron outras catro empresas. Neste caso, este segundo lote céntrase no ámbito escollido en Vilagarcía, que é o comprendido entre a avenida das Carolinas e as rúas Coca e Arealonga, de 6,2 hectáreas, cunha estimación de 350 fogares.

Este contrato enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres. Xa está en marcha a primeira fase, coa contratación dos PIA para desenvolver sete ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Ourense, Arteixo e A Coruña, onde se prevé urbanizar solo no que construír as primeiras 15.000 vivendas.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal