Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu esta tarde no Parlamento

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta cos concellos para dar respostas efectivas ás necesidades de vivenda

Escoitar

Allegue subliñou que os municipios son actores fundamentais cos que a Xunta mantén aberto un amplo abano de posibilidades para incrementar a oferta de vivenda

Salientou a Plataforma de Solo, a disposición dos municipios para que poidan concursar parcelas da súa titularidade a través do IGVS e ofrecerllas a promotores e cooperativas

Destacou que os concellos tamén poden recorrer ao novo Fondo de cooperación, para financiar sen xuros a construción de nova vivenda protexida, urbanizar solo ou adquirilo 

Remarcou que o vindeiro ano os concellos poderán promover e desenvolver os seus propios Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para a creación de solo que se destinará, polo menos nun 80%, a construír vivenda protexida

Recordou que a Xunta incrementará nun 30% as axudas para que os concellos medianos e pequenos rehabiliten inmobles municipais en desuso e os dediquen a alugueiro social

Wed Dec 03 18:31:37 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta cos concellos para dar respostas efectivas ás necesidades de vivenda. Así o sinalou esta tarde a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, no Parlamento de Galicia.

Allegue subliñou que os municipios son actores fundamentais cos que o Goberno galego mantén aberto un amplo abano de posibilidades para incrementar a oferta de vivenda.

Reiterou a disposición da Xunta a colaborar co Concello de Foz, obxecto da pregunta parlamentaria, e con todos os municipios galegos, pois o reto da vivenda debe implicar a todas as administracións.

Fixo fincapé en iniciativas da Xunta como a Plataforma de Solo, a disposición das entidades locais para que poidan concursar parcelas da súa titularidade a través do IGVS e ofrecerllas aos promotores e cooperativas. Concretou que xa se adheriron concellos como As Pontes, A Arnoia, Friol, Valdoviño, O Valadouro, Ordes ou A Peroxa.

Salientou que os concellos tamén poden recorrer ao novo Fondo de cooperación, que lles permite financiar sen xuros a construción de nova vivenda protexida, urbanizar solo ou adquirilo para futuros desenvolvementos residenciais.

Destacou as axudas da Xunta aos concellos para a rehabilitación de vivendas  de titularidade municipal, puntualizando que entre 2017 e 2025 se concederon a 82 concellos para a recuperación de 285 inmobles.

Recordou, tal como xa anunciou hoxe o presidente da Xunta, que o Goberno galego incrementará nun 30% as axudas para que os concellos medianos e pequenos rehabiliten inmobles de carácter municipal que están en desuso e os dediquen a alugueiro social.

A conselleira tamén remarcou como novidade que o vindeiro ano os concellos poderán promover e desenvolver os seus propios Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para a creación de solo que se destinará, polo menos nun 80%, a construír vivenda protexida.

Sareb

Ademais lembrou que a Xunta leva anos reclamando a cesión gratuíta de activos da Sareb para incrementar o parque de vivenda e criticou que o Goberno central anuncie que vai lanzar un contrato de 55M€ para privatizar e poñer en mans de inmobiliarias a xestión de todas esas vivendas e solos.

Lamentou que esta “privatización da xestión, o único que vai provocar é que os demandantes desas vivendas teñan que agardar aínda máis tempo a que se liciten e adxudiquen os contratos de xestión e se poña en marcha o sistema de alugueiros, no suposto de que se presenten empresas interesadas”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal