Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Trenor anima aos propietarios de inmobles deshabitados de Pescadería, San Andrés, Panadeiras, Orzán e Cidade Vella a aproveitar o Rexurbe ata o 15 de xullo

Escoitar

No caso da cidade da Coruña, a oferta de 2022 conta cun investimento da Xunta de 1 millón de euros, a metade do que se reserva para toda Galicia

Wed Jun 29 12:41:00 CEST 2022
  • Compartir

A Coruña, 29 de xuño de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, animou esta mañá aos propietarios de inmobles deshabitados nos barrios de Pescadería, San Andrés, Panadeiras, Orzán e Cidade Vella, na cidade da Coruña, a aproveitar o Plan Rexurbe, que ten aberto o prazo ata o 15 de xullo, a través do cal o Goberno galego adquire os edificios en mal estado de conservación para a súa rehabilitación e posterior posta á disposición dos cidadáns como vivendas de promoción pública.

 

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladalas á Xunta e teñen á súa disposición o teléfono 981 957 965.

 

No caso concreto da Coruña, a oferta de 2022 conta cun investimento que ascende ata 1 millón de euros, a metade do que se reserva para toda Galicia. Non obstante, no caso de que resultase insuficiente, poderá variarse o importe.

 

A área Rexurbe da cidade herculina, declarada en 2020, abrangue unha superficie de 80.000 metros cadrados que inclúe a zona coñecida como Pescadería —San Andrés, Orzán e Panadeiras— e tamén a Cidade Vella —que se estende pola contorna entre as prazas de Santa Bárbara, Santo Domingo, Azcárraga e a Colexiata de Santa María do Campo—.

 

Trenor lembrou que a finalidade é adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da propiedade, cumpran cos seguintes requisitos: permitan que as futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación; e que os custos de rehabilitación non resulten desproporcionados.

 

Na Coruña, ao abeiro do orzamento consignado para 2021, a Xunta acaba de adquirir dous edificios: o primeiro, por case 400.000 euros, localízase na rúa Santa María, en pleno corazón da Cidade Vella; e o segundo, no número 88 da rúa San Andrés, cun prezo de adquisición de 525.000 euros. Polo tanto, o investimento do Goberno galego na urbe a través do Rexurbe achégase xa ao millón de euros.

 

Trenor lembrou que a Xunta incluíu en 2022 á cidade da Coruña de novo no programa Rexurbe co obxectivo de adquirir máis inmobles para rehabilitar e poñer á disposición dos coruñeses novas vivendas protexidas destinadas ao alugueiro social.

O Goberno galego puxo en marcha en 2017 o programa Rexurbe. Na actualidade, xa ten comprometidos máis de 31,5 millóns de euros na adquisición e rehabilitación de 85 inmobles emprazados nos centros históricos, cos que prevé obter preto de 150 vivendas de promoción pública en máis dunha decena de concellos galegos.

 

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal