A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de construción de 28 vivendas de promoción pública no concello da Estrada

Adxudícanse as obras de construción de 28 novas vivendas públicas nunha parcela situada na avenida de Vigo, cedida polo Concello

O edificio contará con 14 vivendas de dous dormitorios, 11 de tres dormitorios e tres de cadro dormitorios

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación do contrato para a construción de 28 novas vivendas de promoción pública na Estrada.

O consello de administración autoriza a adxudicación deste contratos para a construción dun inmoble de 28 vivenda na parcela VC-4 do PP SUD R06, situada na avenida de Vigo, cedida polo Concello.

A empresa adxudicataria do contrato será Copcisa, S.A. por importe de 4.702.776,59 euros.

O edificio, construirase segundo o proxecto redactado por UTE Garitaonaindía-Amenedo e adxudicado por 205.666,63 euros, e disporá de 14 vivendas  de dous dormitorios, 11 de tres dormitorios e tres de cadro dormitorios segundo o seguinte cadro:

Número dormitorios

Número vivendas

2

12

2 adaptada

2

3

11

4

3

TOTAL

28