Programa de axudas de rehabilitación de edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal (VI422F)
- OBXECTO DO PROCEDEMENTO
-
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas da súa titularidade.
- CONCELLOS BENEFICIARIOS
-
Os concellos con menos de 30.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data da publicación desta resolución.
- ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
-
- Obras de rehabilitación e/ou ampliación de edificacións e vivendas de titularidade municipal.
Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:
-
as de accesibilidade,
-
conservación,
-
habitabilidade,
-
sostenibilidade
-
eficiencia enerxética das vivendas
-
actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
- Obras dirixidas ao cambio de uso de edificacións para o seu destino a vivenda.
Se inclúen:
- os honorarios dos profesionais que interveñan;
-os informes técnicos e certificados necesarios; os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.
- os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato
- os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
-
- PRAZO DE EXECUCIÓN
-
Será o fixado na resolución de concesión sen que poida exceder 18 meses.
- DESTINO DAS VIVENDAS
-
- Regra xeral: cualificación como vivenda protexidas de promoción pública, salvo que non sexa posible de conformidade coa normativa aplicable.
Destino: alugueiro por un prazo non inferior a quince anos, a contar desde a súa cualificación ou desde o día seguinte ao da finalización das obras, cando dita cualificación non sexa posible. O destino ao alugueiro por prazo non inferior a quince anos deberá constar, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade.
- Concellos de menos de 10.000 habitantes: non será exixible a súa cualificación nin o destino ao alugueiro, sempre que se destinen ao desenvolvemento de actuacións de impluso demográfico, incluidas aquelas dirixidas a fixar e/ou ampliar a poboación residente nos mesmos.
- CONTÍA DA SUBVENCIÓN
-
- ata o 95% do orzamento protexido das obras
- Límite:
-
65.000 euros por edificación ou vivenda,
-
68.000 euros, no caso de edificacións ou vivendas situadas nun ámbito histórico, no ámbito dos Camiños de Santiago ou da Ribeira Sacra ou nun ámbito declarado Área de rexeneración urbana de interese autonómico (en diante, Áreas Rexurbe).
-
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
Desde as 9.00 horas do 23/01/2026 ata as 14.00 horas do 03/07/2026.
- FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
Electrónica
- INFORMACIÓN
-
- ÁREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA: 981 184 824
- ÁREA PROVINCIAL IGVS LUGO: 982 294 602
- ÁREA PROVINCIAL IGVS OURENSE: 988 386 268
- ÁREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA: 986 805 611
- Correo electrónico: vivendasbaleiras.igvs [at] xunta.gal (vivendasbaleiras[dot]igvs[at]xunta[dot]gal)
- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA