Escoitar
Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción (VI406I)
-
Prazo de solicitude
Prazo aberto
ACCESO AO PROCEDEMENTO VI406I NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA
Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Obxecto
-
Convocar, para a anualidade 2026, o acceso ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI406I).
- Concellos destinatarios do financiamento
-
Todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Actuacións financiables
-
-
A promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores públicos ou privados.
-
As de urbanización dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear, xunto coas correspondentes infraestruturas e dotacións públicas, unha ou máis parcelas aptas para a edificación ou uso independente e conectadas funcionalmente coa rede dos servizos esixidos pola ordenación territorial e urbanística.
-
A adquisición de solo para a promoción de inmobles de nova construción para a súa cualificación como vivendas protexidas.
-
- Condicións de financiamento
-
-
Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan do 40 % do total do importe co que está dotado o Fondo de cooperación. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o devandito límite.
-
O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder de oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
-
A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do último día hábil do mes de setembro de cada ano.
-
O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.
-
- Prazo de presentación de solicitudes
-
Desde o 06.04.2026 ás 09.00 horas ata o 15.10.2026 ás 14.00 horas.
- Forma de presentación de solicitudes
-
Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
- Procedemento de concesión
-
As resolucións ditaranse por rigoroso orde de entrada das solicitudes, ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible. Para estes efectos, considerarase como data de entrada da solicitude aquela na que esta estivese validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos esixidos na convocatoria.
- Prazo de resolución
-
Dous meses dende a data de presentación da solicitude.
- Formalización
-
Mediante a sinatura do correspondente convenio entre o IGVS e o concello destinatario do financiamento, segundo o modelo que figura como anexo II na resolución da convocatoria.
Normativa relacionada
Documentos relacionados