Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, avanzou en Pontevedra que os Orzamentos 2026 prevén aumentar ata preto de 15M€ a consignación para esta liña

A Xunta concedeu no que vai de 2025 oito axudas a cooperativas e promotores, dúas delas en Pontevedra, que permitirán construír 403 vivendas

Escoitar

Allegue visitou en Pontevedra as obras dun inmoble que a cooperativa Andares do Lérez constrúe para 56 vivendas protexidas na rúa Ernestina Otero, cunha achega de 560.000€ da Xunta

Das axudas concedidas este ano, 6 foron para cooperativas que construirán vivenda protexida destinada á venda, cunha dotación de 3,8M€, das que 4 se localizan na Coruña e 2 en Pontevedra

Outras 2 achegas foron para promotoras de Cervo e A Coruña dentro da liña destinada a alugueiro, cun investimento total de preto de 575.000€

A Xunta potenciará esta liña o vindeiro 2026 para seguir incentivando ao sector privado a construír vivenda protexida

Mon Nov 10 14:01:28 CET 2025
  • Compartir

Pontevedra, 10 de novembro de 2025

A Xunta concedeu no que vai deste ano oito axudas a cooperativas e promotores para construción de vivenda protexida, cun investimento autonómico de 4,3M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe as obras dun inmoble que unha cooperativa constrúe en Pontevedra para 56 vivendas protexidas cunha destas achegas da Administración autonómica, por 560.000€.

En concreto, a cooperativa Andares do Lérez executa as obras deste inmoble na rúa Ernestina Otero, no ámbito de Tafisa, coa previsión de finalizalo no 2027. Esta é unha das 8 cooperativas e promotoras beneficiadas coas axudas autonómicas este ano en Galicia, cunha dotación total de 4,3M€ para a construción de 403 vivendas.

Seis cooperativas recibiron achegas na modalidade de vivenda protexida destinada á venda, cun investimento da Xunta de 3,8M€. É o caso do inmoble visitado hoxe e outro que tamén se construirá en Pontevedra, ademais de 4 achegas na Coruña, para un total de 381 vivendas. E outras 2 promotoras de Cervo e A Coruña recibiron achegas na modalidade destinada ao alugueiro, cun investimento autonómico de 574.643€, para a posta no mercado de 22 vivendas.

A conselleira destacou que a Xunta potenciará esta liña de axudas nos Orzamentos do 2026, e prevé triplicar ata preto de 15M€ o investimento para seguir a incentivar a construción de vivenda protexida. De novo haberá as dúas modalidades de achegas, para destinar as vivendas á venda e a alugueiro e os prezos das mesmas serán os da vivenda protexida para as modalidades de réxime especial, xeral e concertado. Achegas que tamén se suman ás que a Xunta ofrece a particulares para adquisición de vivenda.

Allegue volveu destacar a necesaria colaboración do sector público e privado para garantir o acceso á vivenda digna, de calidade e a un prezo accesible e insistiu na reclamación que a Xunta ten feito ao Goberno central para que incorpore esta liña de achegas a promotores para venda no Plan Estatal de Vivenda, que ata agora só contempla as de alugueiro.

Subliñou así mesmo as medidas que a Xunta porá en marcha o vindeiro ano para seguir impulsando e axilizando a posta a disposición de vivenda, como a modificación normativa para a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso, ou a posibilidade de incrementar a edificabilidade en solos urbanizables, se se garante que o 60% sexa vivenda protexida, así como a posibilidade de que os concellos poidan promover e desenvolver PIAS para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivenda protexida.

Compromiso de vivenda en Pontevedra

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor o compromiso da Xunta para seguir a impulsar vivenda en Pontevedra e subliñou que no mesmo ámbito de Tafisa visitado hoxe, a Xunta vai construír 53 vivendas públicas nunha das parcelas cedidas polo Concello. Súmanse ás 236 vivendas públicas que xa están en marcha no barrio de Valdecorvos e 11 noutra parcela nas Devesas. Ademais, a Xunta está a tramitar o desenvolvemento do ámbito de San Mauro a través dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), coa previsión de 2.040 futuras vivendas.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Concellos ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal