Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, clausurou a xornada organizada por Aproinco: ECCOM: ¿Hacia un nuevo urbanismo?

A Xunta destaca as vantaxes das entidades de certificación de conformidade municipal para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda

Escoitar

Allegue fai fincapé na axilización, simplificación e redución dos tempos, tanto para os particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como para os concellos

Destaca o avance en materia de vivenda e urbanismo neste primeiro ano e medio, así como o importante papel da cooperación entre administracións e sector privado na aceleración dos proxectos e a consecución dos obxectivos

Subliña o avanzado polo departamento que dirixe neste ano e medio de lexislatura cara a desenvolver o plan que permitirá acadar 4.000 novas vivendas protexidas no ano 2028, das que 3.000 xa están en marcha, prevéndose as primeiras entregas para o vindeiro 2026

Wed Oct 15 15:46:37 CEST 2025
  • Compartir

A Coruña, 15 de outubro de 2025

A Xunta destaca as vantaxes das Entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda en Galicia.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, clausurou hoxe a xornada organizada pola Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña Aproinco: ECCOM: ¿Hacia un nuevo urbanismo?, salientou hoxe que garantir o acceso a unha vivenda digna e accesible é unha prioridade absoluta do Goberno galego, que está a actuar con medidas concretas para dar resposta á demanda crecente, especialmente entre a mocidade.

A conselleira subliñou que un dos principais retos do sector é axilizar os tempos e reducir a burocracia, mantendo sempre a seguridade xurídica. Neste sentido, destacou a posta en marcha das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), plenamente operativas dende o 17 de agosto.

Estas entidades, explicou, teñen a mesma validez ca os informes técnicos e xurídicos municipais, e permitirán reducir de forma significativa os prazos de concesión de licenzas urbanísticas, unha demanda histórica de cidadáns, concellos e profesionais do sector.

A responsable autonómica agradeceu a colaboración da Fegamp, dos colexios profesionais e do propio sector da construción, que participaron activamente no proceso de elaboración do decreto regulador.

O obxectivo paga a pena: “axilizamos, simplificamos e reducimos tempos, garantindo a seguridade xurídica, tanto dos particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como dos concellos”, afirmou.

Durante a súa intervención, a conselleira fixo balance do ano e medio de lexislatura e lembrou que desde o departamento que dirixe se está a desenvolver o plan que permitirá acadar 4.000 novas vivendas protexidas no ano 2028, das que 3.000 xa están en marcha, das cales preto de 900 xa o están, e as primeiras entregas previstas para 2026.

A titular do departamento destacou tamén que sen solo non hai vivenda, polo que a Xunta aprobou a Estratexia de Desenvolvemento de Solo Residencial, que permitirá poñer á disposición do mercado o necesario para construír 25.000 novas vivendas, o 80 % delas protexidas.

A este esforzo engádense axudas para promotores e cooperativas, dar seguridade xurídica, así como novas medidas de incentivo, entre elas o programa Fogar Vivo, que busca incentivar a posta no mercado de vivendas baleiras mediante axudas para reparacións, compra de electrodomésticos ou seguros de impago e multirrisco.

Tamén se están a implementar medidas transversais, como o remate de esqueletos estruturais ou a habilitación de baixos comerciais en vivendas, para ampliar a oferta dispoñible.

A conselleira rematou sinalando que o reto do acceso á vivenda é compartido e require a implicación de todas as administracións. “Temos que arrimar o ombreiro -dixo- pero non só debe construír a Xunta, os concellos tamén deben comprometerse; e  temos que axudar ao sector  e en consecuencia axudar ao cidadán co acceso a unha vivenda digna e accesible”.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal