A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Moaña
Fri Dec 20 09:18:19 CET 2024
- Compartir
Vigo, 19 de decembro de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo no día de hoxe un encontro de traballo co alcaldesa de Moaña, Leticia Santos.
Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, tamén participou o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González.
Nesta reunión, M. Allegue e a alcaldesa abordaron actuacións en materia de vivenda de interese para este concello pontevedrés.
A conselleira fixo fincapé no valor engadido da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños.
Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova