Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta apoiou a 25 veciños de Ferrol, Eume e Ortegal menores de 36 anos na adquisición da súa vivenda o pasado ano

Escoitar

En febreiro publicouse unha nova convocatoria desta liña de incentivos que poderán solicitarse nos municipios de ata 10.000 habitantes, todos os das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal agás Ferrol, Narón e Fene

O importe máximo da subvención é de 10.800 euros por vivenda e o prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro

Mon Mar 13 14:13:00 CET 2023
  • Compartir

Valdoviño (A Coruña), 13 de marzo  de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá o concello onde unha parella resultou beneficiaria das axudas para a adquisición de vivendas en municipios de ata 10.000 habitantes en 2022, unha convocatoria que facilitou o acceso a unha vivenda a 25 veciños de Ferrol, Eume e Ortegal grazas a un investimento de 215.000 euros.

Tras lembrar que o pasado 7 de febreiro a Xunta publicou unha nova convocatoria desta liña de axudas, Aneiros animou á xuventude da bisbarra a aproveitar estes incentivos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) que poderán solicitarse ata o próximo 31 de outubro e para as que a Xunta ten reservado este ano un orzamento global de 2,55 M€ para estas subvencións.

Como lembrou a delegada, o programa vai dirixido a persoas menores de 36 anos, unha das franxas de poboación que adoita ter máis dificultades económicas á hora de acceder a unha vivenda en propiedade. Para facilitarlles dar este paso, segundo explicou Aneiros, poderán acceder a unha axuda directa de ata 10.800 euros por inmoble, sempre que a contía non supere o 20 % do prezo de compra.

Ademais para beneficiarse do programa terán que acreditar que as rendas anuais de todos os membros da unidade de convivencia son iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM (24.318,84 euros), aínda que o límite subirá ata 4 ou 5 veces en caso de que concorran determinadas circunstancias fixadas na propia convocatoria.

Os mozos interesados en acollerse a estes incentivos poderán solicitalos sempre que o inmoble adquirido (que pode ser novo ou usado) non custara máis de 120.000 euros e estea localizado nun dos municipios galegos que teñen unha poboación de ata 10.000 habitantes. Deste xeito, poderían acollerse todos os da comarca a excepción de Ferrol, Narón e Fene.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal