ORDE do 27 de febreiro de 2018 pola que se modifican as condicións do procedemento de prórroga establecidas na ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual.
ORDE do 23 de febreiro de 2018, pola que se modifica a ORDE do 22 de decembro de 2015, pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa.
ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2018, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.
RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2018.
ORDE do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan para o ano 2018 as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago do Programa de rexeneración e renovación urbanas da prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias das vivendas arrendadas, no marco do Programa Aluga, no exercicio 2018.
ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015- 2020, e se convocan para o ano 2018, con financiamento plurianual.
ORDE do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.
ORDE do 13 de decembro de 2017 pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (código de procedemento VI100B).