RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI432C).
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2019 pola que se modifica a RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018–2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa, e pola que se convoca a participación neste programa para a anualidade 2019 (código de procedemento VI408K).
LEI 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019 pola que se regulan as bases das axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas por esta entidade, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre a súa convocatoria (código de procedemento VI420B).
DECRETO 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se abre a súa convocatoria para o ano 2019.
INSTRUCIÓN 6/2019, do 9 de abril, sobre a aplicación do procedemento de adxudicación directa de vivendas prevista nos artigos 37.2 e 38.8 do DECRETO 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso a vivenda con axudas públicas.
Resolución de 20 de marzo de 2019, da Secretaría de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda,pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 15 de marzo de 2019, polo que se revisan e modifican os tipos de xuro efectivos anuais vixentes para os préstamos cualificados ou convidos concedidos no Marco do Programa 1994 e 1995 do Plan de Vivenda 1992-1995, Programa 1998 do Plan de Vivenda 1996-1999, Plan de Vivenda 2002-2005 e Plan de Vivenda 2005-2008.
Real Decreto-lei 7/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer.