RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de xullo de 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se abre o prazo de participación para a anualidade de 2022 (código de procedemento VI406H).
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa Rehaluga, dirixido ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas incorporadas ao Programa de mobilización de vivendas para o alugamento, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (código de procedemento VI426C).
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as bolsas de formación deste instituto para o ano 2023 (código de procedemento VI440D).
RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (código de procedemento VI490A).
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria de fondos a cargo da Comunidade Autónoma da RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (código de procedemento VI408H) e da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).
RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022 pola que se axustan as anualidades da Resolución do 18 de febreiro de 2022, pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (código de procedemento VI100B).
RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (códigos de procedemento VI483A e VI483B).
RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2022 pola que se reaxusta o financiamento e se amplía a dotación orzamentaria da RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).