RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI408H e VI408N).
RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento VI420A).
RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións previsto no ordinal décimo oitavo da RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020, pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).
RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación da convocatoria de subvencións do Programa de conservación, de mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se amplía a dotación orzamentaria para a anualidade 2022.
RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021 pola que se axustan as anualidades da Resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan as bolsas de formación para o ano 2021 (código de procedemento VI440D).
Regulamento de execución (UE) 2021/1949 da Comisión do 10 de novembro de 2021 sobre os principios para o cálculo dos servizos de alugueiro de vivendas para os efectos do Regulamento (UE) 2019/516 do Parlamento Europeo e do Concello, sobre a harmonización da renda nacional bruta a prezos de mercado (Regulamento RNB), e pola que se derroga a Decisión 95/309/CE, Euratom da Comisión e regulamento (CE) nº 1722/2005 da Comisión
RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021 pola que se acorda incrementar o importe máximo, así como unha nova distribución entre os concellos afectados, da oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.
RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).
Real Decreto-lei 21/2021, do 26 de outubro, polo que se prorrogan as medidas deprotección social para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica.
Real Decreto-lei 19/2021, do 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.