Programa de axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes 2026 (VI501B)

Adquisición de vivenda
-
Prazo de solicitude
Prazo aberto
Data de publicación no DOGA

ACCESO AO PROCEDEMENTO VI501B NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e convocar estas axudas para a anualidade 2026.

Esta axuda ten por obxecto facilitar ás persoas mozas:

  • O acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a súa adquisición.

  • A autopromoción dunha vivenda localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a dita autopromoción.

Persoas beneficiarias
Para o suposto de adquisición dunha vivenda:
  • Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

  • Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. Non obstante, para o suposto de adquisición dunha vivenda, este requisito poderá concorrer no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.

  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM. Este límite será de 5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, e de 5,5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

  • Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

  • Que non se lles teña revogado, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista no actual ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa que lles fora imputable a aquelas.

  • Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2026 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras.

  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública formalizada con anterioridade á referida data. A vivenda adquirida deberá constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da súa adquisición.

    No suposto de adquisición dunha vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas deberá cumprir os requisitos sinalados para poder ser beneficiaria da axuda.

Para o suposto de autopromoción dunha vivenda:
  • Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

  • Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.

  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM. Este límite será de 5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, e de 5,5 veces o IPREM, se na unidade de convivencia existen persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

  • Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

  • Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

  • Que non se lles teña revogado, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista no actual ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa que lles fora imputable a aquelas.

  • Que a persoa solicitante sexa propietaria ou usufrutuaria da parcela ou soar na que se atope a vivenda construída.

  • Que a vivenda construída vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia por un prazo mínimo de cinco anos desde a data da finalización da obra, debendo ser ocupada no prazo máximo de tres meses desde a dita data.

    No suposto de autopromoción dunha vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas deberá cumprir os requisitos sinalados para poder ser beneficiaria da axuda.

Requisitos da adquisición ou da autopromoción
Para o suposto de adquisición dunha vivenda:

Para poder optar á axuda é preciso: 

  • Que a vivenda adquirida estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da publicación da correspondente convocatoria.

  • Que a vivenda sexa adquirida por un máximo de dúas persoas físicas.

  • Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros. Para estes efectos, non se entenderán incluídos os gastos e tributos inherentes a ela.

  • Que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

Para o suposto de autopromoción dunha vivenda:

Para poder optar á axuda é preciso: 

  • Que a vivenda autopromocionada estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da publicación da correspondente convocatoria.

  • Que a vivenda sexa autopromocionada por un máximo de dúas persoas físicas.

  • Que o custo da autopromoción da vivenda sexa igual ou inferior a 250.000,00 euros. Para estes efectos, non se entenderán incluídos os gastos e tributos inherentes a ela. Así mesmo, non se entenderá incluído neste importe o valor do solo.

  • Que as obras estean iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026. En todo caso, a construción da vivenda deberá estar finalizada no momento da presentación da solicitude.

  • Que a vivenda construída cumpra cos requisitos exixidos no Anexo I do Real decreto 326/2026, do 22 de abril.

  • Que tódalas actuacións executadas se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor.

Contía das axudas

A contía máxima da axuda será do 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.

No suposto de adquisición ou autopromoción por dúas persoas, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria determinarase aplicando a porcentaxe de cota de participación ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido ou construído o 100% da vivenda.

Prazo de presentación das solicitudes

Desde o 27.08.2026 ás 09.00 horas ata o 16.11.2026 ás 14.00 horas.

Forma de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), que se incorpora como anexo I.

No formulario de solicitude deberase sinalar a modalidade de axuda pola que se opta, adquisición ou autopromoción de vivenda.

Nos supostos de adquisición da propiedade da vivenda ou autopromoción por máis dunha persoa, cada unha delas deberá presentar a súa correspondente solicitude.

Procedemento de concesión

Concorrencia non competitiva

Prazo de resolución

O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do procedemento será dun mes, contado desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que se dite e notifique a resolución expresa, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Normativa relacionada

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501B).

EXTRACTO da Resolución do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501B).

Documentos relacionados

Cadro resumo