Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (VI406C)

Rehabilitación
-

Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia


Normativas relacionadas

Real decreto 737/2020, de 4 de agosto, polo que se regula o programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla. 

Resolución de 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C). 

Extracto da resolución de 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C)

Ligazóns relacionados

Acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información...