Escoitar
Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra (VI408Q)
-
Prazo de solicitude
Prazo aberto
Data de publicación no DOGA
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Consideracións previas sobre as Áreas de Rehabilitación integral
-
Entre as actuacións de rehabilitación que xestiona o IGVS teñen especial relevancia a figura das Áreas de Rehabilitación Integral (en diante, ARI) supramunicipais.
De acordo co previsto no artigo 52 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá declarar ARI, de oficio ou por solicitude dos concellos, un ámbito que afecte a diferentes municipios que respondan a criterios de proximidade xeográfica, características arquitectónicas e problemáticas similares, sempre que exista un nexo de unión entre os ámbitos, xa sexa de carácter histórico, xeográfico, cultural ou ambiental, que motive que deba ser tratado como un conxunto.
Estas ARI xestiónanse directamente polo IGVS e actualmente hai 3 declaradas:
- ARI dos Camiños de Santiago, declarada o 17 de decembro de 2010 e ampliada o 12 de abril de 2019.
- ARI do Parque Nacional dás Illas Atlánticas, declarada o 23 de xaneiro de 2019.
- ARI dá Ribeira Sacra, declarada o 21 de febreiro de 2020.
- Requisitos para solicitar as axudas do programa
-
Será requisito necesario para poder solicitar as axudas do programa estar en posesión da cualificación definitiva.
Exclúense desta convocatoria os ámbitos da ARI do Parque Nacional dás Illas Atlánticas por non existir na data da convocatoria solicitudes de cualificación provisional.
- Prazo de presentación de solicitudes de cualificación (provisional e definitiva)
-
PECHADO.
- Actuacións subvencionables
-
Serán subvencionables con cargo ás axudas deste programa, as actuacións de rehabilitación que teñan por finalidade:
- Actuacións destinadas a garantir a seguridade.
- Actuacións destinadas a garantir a protección fronte a auga e a humidade.
- As actuacións destinadas a garantir as condicións de salubridade da vivenda.
- As actuacións destinadas a adecuar, total o parcialmente, á normativa vixente as instalacións dos edificios e vivendas. Estas actuacións inclúen as de reparación, actualización, mellora ou substitución das instalacións indicadas a continuación, co fin de garantir as súas adecuadas prestacións ou adaptalas, total ou parcialmente, á normativa específica de aplicación.
- As actuacións destinadas a mellorar a protección fronte ao ruído (cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código Técnico da edificación DB-HR). Estas actuacións incluirán as intervencións necesarias sobre os elementos construtivos (na envolvente do edificio e nos elementos de separación entre usuarios), encamiñados á mellora do illamento a ruído aéreo e ruído de impacto.
- As actuacións destinadas a garantir que as edificacións cumpran as condicións de ornato público, adecuación á contorna e de protección do patrimonio cultural ou paisaxístico.
- Obras para mellorar as condicións de accesibilidade aos edificios e os accesos ás vivendas e locais.
- Persoas e entidades beneficiarias
-
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
b) As agrupacións de persoas propietarias.
c) As persoas físicas propietarias o usufrutuarias de edificios ou vivendas.
- Contía da subvención
-
A contía máxima determinarase atendendo o custo total da actuación e calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a seguir:
a) Ata 12.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva.
No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, incrementaranse estas contías con 80 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas declaradas Bens de Interese Cultural (en diante, BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.
Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de uso comercial ou outros usos, será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación.
b) Ata 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.
- Prazo de presentación de solicitudes
-
1 mes
Desde as 9.00 horas do día 31/08/2026 ata as 14.00 horas do día 30/09/2026
- Forma de presentación de solicitudes
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Procedemento de concesión
-
Concorrencia non competitiva
- Contactos
-
-
Área Provincial do IGVS de A Coruña:
Tlfno.: 881 881 259 - 881 881 096
Correo electrónico: rehabilitacion.igvs.coruna [at] xunta.gal (rehabilitacion[dot]igvs[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
-
Área Provincial do IGVS de Lugo:
Tlfno.: 982 294 602 - 982 294 605 – 982 694 606
Correo electrónico: vpa.igvs.lugo [at] xunta.gal (vpa[dot]igvs[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)
-
Área Provincial do IGVS de Ourense:
Tlfno.: 988 386 282- 988 386 275 – 988 386 273
Correo electrónico: subvencions.igvs.ourense [at] xunta.gal (subvencions[dot]igvs[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
-
Área Provincial do IGVS de Pontevedra:
Tlfno.: 986 805 260 – 986 805 283
Correo electrónico: subvencions.igvs.po [at] xunta.gal (subvencions[dot]igvs[dot]po[at]xunta[dot]gal)
-
Normativa relacionada:
Documentos relacionados: