Programa de axuda para as actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual.
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, previsto no Real decreto 853/2021, de 5 de outubro polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, coa finalidade de financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, e nas vivendas unifamiliares, para a anualidade 2024, con carácter plurianual
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 12/07/2024 ata o 12/08/2024
Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Ligazóns relacionados