Fondo de cooperación para promoción vivendas protexidas (VI406I)
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
Trátase dun fondo dirixido a apoiar o financiamento de actuacións de promoción de vivenda protexida de nova construción, mediante préstamos sen intereses que serán reembolsados polos municipios nas condicións e prazos establecidos na correspondente convocatoria.
Está dirixido a todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 02/06/2025 ata o 15/10/2025
- Máis información
-
Fondo de cooperación para a promoción de vivenda protexida de nova construción(VI406I)Regular a xestión e o acceso ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el.
Convocar, para a anualidade de 2025, o acceso ao Fondo de cooperación.
A quen vai dirixido?
Todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións subvencionables
- A promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores públicos ou privados.
- As de urbanización dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear, xunto coas correspondentes infraestruturas e dotacións públicas, unha ou máis parcelas aptas para a edificación ou uso independente e conectadas funcionalmente coa rede dos servizos esixidos pola ordenación territorial e urbanística.
- A adquisición de chan para a promoción de inmobles de nova construcción para a súa cualificación como vivendas protexidas.
Requisitos
- Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan do 40 % do total do importe co que está dotado o Fondo de cooperación. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen devandito límite.
- O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder de oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
- A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do último día hábil do mes de setembro de cada ano.
- O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.
Normativas relacionadas
Ligazóns relacionados