Escoitar
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A)
-
Prazo de solicitude
Prazo aberto
ACCESO AO PROCEDEMENTO VI438A NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA
Os datos que figuran a continuación son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Obxecto
-
Convocar, para a anualidade de 2026, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI438A).
- Concellos destinatarios do financiamento
-
Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
- Actuacións obxecto de financiamento
-
-
As promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, ou a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación, incluída á execución subsidiaria, por parte dos concellos, de obras de edificación ou de urbanización.
-
As de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
-
As de urbanización de novos viais, previstos no planeamento municipal para mellorar a conexión de ámbitos urbanos ou de núcleos rurais.
-
As dirixidas ao remate das edificacións non acabadas previstas no artigo 77 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
-
A adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
-
A elaboración de plans especiais de protección.
-
- Condicións de financiamento
-
-
Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan do 25% do total do importe co que está dotado o Fondo de cooperación establecido na Resolución do 20 de setembro de 2016. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o dito límite.
-
O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder de oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
-
A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do último día hábil do mes de setembro de cada ano.
-
O importe que debe repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10% do importe total transferido.
-
- Prazo de presentación de solicitudes
-
Desde o 06.04.2026 ás 9:00 horas ata o 15.10.2026 ás 14:00 horas.
- Forma de presentación de solicitudes
-
Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
- Procedemento de concesión
-
As resolucións ditaranse por rigoroso orde de entrada das solicitudes, ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible. Para estes efectos, considerarase como data de entrada da solicitude aquela na que esta estivese validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos esixidos na convocatoria.
- Prazo de resolución
-
Dous meses dende a data de presentación da solicitude.
- Formalización
-
Mediante a sinatura do correspondente convenio entre o IGVS e o concello destinatario do financiamento, segundo o modelo que figura como anexo II na resolución da convocatoria.
Normativa relacionada
Documentos relacionados