Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A).

Rehabilitación
-

Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.

Trátase dun fondo dirixido a apoiar o financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído, por medio de préstamos sen intereses que serán reintegrados polos concellos nas condicións e prazos fixados na correspondente convocatoria.

Está dirixido aos  concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos tomarase como referencia as última cifras oficiais do parón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Gallewgo de Estatística ao 1 de xaneiro de 2025.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 02/06/2025 ata o 15/10/2025
 

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2025 pola que se acorda a inclusión de actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, e se convoca o acceso ao dito fondo para a anualidade 2025 (código de procedemento VI438A).

Ligazóns relacionados

Máis información.