Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025 (código de procedemento VI100B)

Outras axudas
-

acceso ao procedemento vI100B na Sede electrónica da Xunta de Galicia

Obxecto das axudas

Estas axudas están dirixidas a paliar os danos causados polos incendios nas vivendas e o seu enxoval doméstico.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas que sufrisen danos que afecten tanto á vivenda como ao seu enxoval doméstico.

Actuacións subvencionables e contía
  1. AXUDAS DIRIXIDAS Á REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DAS VIVENDAS AFECTADAS:

    • Vivenda habitual e permanente (e instalacións complementarias)

      • O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 132.000 euros

      • No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

    • Vivendas ocasionais (e instalacións complementarias)

      • O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación ou polo importe correspondente ao seu valor catastral, no caso de ruína. Nos casos de ruína nos que se pretenda a rehabilitación do inmoble, o importe da axuda será do 100% do valor de rehabilitación.

      • En calquera dos casos o importe da axuda non poderá superar os 66.000 euros.

      • No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

    • Exclusións

      Quedan excluídas das axudas os inmobles en estado ruinoso ou abandonados antes dos incendios.

  2. AXUDAS PARA O ENXOVAL DOMÉSTICO:

    • Vivendas ruinosas que constituían residencia habitual e permanente: o 100% dos gastos de reposición, co límite de 16.200 euros.

    • Vivendas ruinosas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50% dos gastos de reposición, co límite de 5.400 euros.

    • Demais vivendas que constituían residencia habitual e permanente: 100% dos gastos de reposición, co límite de 7.600 euros.

    • Demais vivendas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50% dos gastos de reposición, co límite de 3.300 euros.

Procedemento

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación correcta que debe acompañar á solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes

desde o 01/09/2025 ata o 28/11/2025

Forma de presentación de solicitudes

presencial/electrónica

Prazo de resolución

1 mes

Prazo de execución

As actuacións poderán estar iniciadas carácter previo á presentación da solicitude ou da resolución de concesión, sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado en que quedara a vivenda, as instalacións complementarias ou o enxoval por causa dos incendios.

No suposto de actuacións de rehabilitación na vivenda danada e/ou nas súas instalacións complementarias, o prazo para a execución das obras non poderá ser superior a vinte e catro meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.

Xustificación
  • Vivendas en ruína: non requirirán outra xustificación que a acreditación por calquera medio admisible en dereito da titularidade ou usufruto do inmoble previamente á concesión, sen prexuízo dos controis que se establezan para verificar esta cuestión.

  • Actuacións de rehabilitación ou reparación: deberá achegar, dentro do prazo concedido na resolución de concesión, anexo III acompañado da documentación xustificativa do gasto realizado.

  • Prazo para xustificar: máximo ata o 15 de decembro de cada anualidade.

Normativa relacionada

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B)

EXTRACTO da Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B)

Documentos relacionados

Cadro resumo das axudas