Parroquias O Buriz e Os Vilares
O Concello de Guitiriz conta con Normas Subsidiarias de Planeamento (NSP), aprobadas no ano 1985. No pleno do Concello do 30 de decembro 2016, Guitiriz aproba provisionalmente o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O ámbito abrangue seis núcleos singulares das parroquias de O Buriz e Os Vilares. As Reixas, Drada, Vilariño e Casanova de Vilariño na parroquia de Os Vilares, e Bustelo e o asentamento polinuclear (Carelo-As Penas-Portelo-Forxa-O Buriz-A Graña) situado en torno á Parroquial de San Pedro, na parroquia de O Buriz.
Esta área foi declarada o 13 de novembro de 2020 e nela inclúense 234 edificacións, das cales 93 (40,61%) serían vivendas, e dentro destas, 74 vivendas con tipoloxía tradicional (80% do total) e 19 vivendas recentes.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.