Núcleo urbano de Quiroga

Área de Rehabilitación Integral Xeral
Quiroga

Esta área foi declarada o 19 de outubro de 2009 para os ámbitos urbanos da Praza Maior e de Pacios de Mondelo situados ambos os dous en solo urbano de casco antigo. Nestes núcleos localízase a maior parte da edificación tradicional do núcleo urbano (con antigüidade maior de 50 anos). A citada edificación é análoga á tradicional característica dos núcleos rurais, en canto a tipoloxía e materiais construtivos. 

Con posterioridade o 16 de setembro de 2015 declárase ao ámbito do núcleo urbano de Quiroga que modifica e amplía a Área Praza Maior e Pacios de Mondelo xa declarada. Delimítase un ámbito basicamente urbano consolidado, onde a maior parte dos inmobles teñen unha antigüidade superior a 30 anos. Neste ámbito sitúanse 689 vivendas obxecto de rehabilitación. Este núcleo non está claramente definido por unha tipoloxía edificatoria, case todas as rúas do centro neurálxico se caracterizan pola diversidade: as vivendas unifamiliares cos edificios de vivendas, as edificacións tradicionais coas que non o son.

Imaxe aérea
Núcleo urbano de Quiroga

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.