Núcleo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)

Área de Rehabilitación Integral
Vilagarcía

O ámbito da área de rehabilitación conta cunha superficie aproximada de 8,67 hectáreas. O núcleo de Vilaxoán ten o seu barrio orixinario vinculado á actividade pesqueira apoiándose as primeiras edificacións nas marxes das primeiras vías de comunicación que actuaban como eixes de unión entre os núcleos de poboación para o tránsito de mercadorías. O tecido orixinario pode lerse como un conxunto unitario pola súa morfoloxía practicamente uniforme e unha arquitectura popular de balcóns, galerías, corredores e “patíns” que conforman un espazo de gran valor arquitectónico e ambiental. Esta área foi declarada o 02 de marzo de 2007 e nela sitúanse 423 vivendas obxecto de rehabilitación, destinadas a uso residencial.

Imaxe aérea
Núcleo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.