Nosa Señora do Carme (A Coruña)

Área de Rehabilitación Integral
A Coruña

O ámbito comprende unha superficie aproximada de 2,5 hectáreas. A agrupación Nosa Señora do Carme é un asentamento proxectado e executado por fases, entre os anos 50 e principios dos 60. Trátase dunha parcela inclinada, onde os edificios de vivendas se dispoñen gradualmente adaptándose ao desnivel. Propúxose a declaración da zona como área de rehabilitación co fin de establecer un equilibrio entre a recuperación do marco de uso residencial e a recuperación dos espazos libres, que inclúen a ordenación das infraestruturas.

A agrupación do Carme é un barrio fundamentalmente residencial, aínda que os seus veciños sigan vinculados á actividade comercial e hostaleira. Os edificios e espazos libres na área, constitúen un conxunto de interese, concentrado dentro dun perímetro ben delimitado.

Esta área foi declarada o día 27 de abril de 2006 e inclúe 271 vivendas obxecto de rehabilitación.

Imaxe aérea
Nosa Señora do Carme (A Coruña)

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.