Entorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes
Os Plans Especiais de Protección e Reforma Interior do Contorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes establecían xa a previsión de declaración de área de rehabilitación integral, incorporando nunha soa área as definidas polos dous PEPRIS aprobados polo pleno da Corporación o 15 de novembro do 2001. No contorno do Mosteiro de San Salvador o tipo de edificacións máis difundido é o residencial entre medianeiras, construcións con dúas ou tres plantas edificadas (baixo+1 planta+2 plantas). En Vilanova dos Infantes o tipo de edificación predominante é o residencial unifamiliar entre medianeiras, construcións de dúas plantas (baixo+1 planta) absolutamente maioritarias no núcleo.
Esta área foi declarada o 24 de outubro de 2002 e nela sitúanse 543 vivendas susceptibles de rehabilitación.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.