Conxunto Histórico e zonas de respecto no Concello de Monforte de Lemos
Esta área foi declarada o 25 abril de 2003. A delimitación fixada para a “Área de Rehabilitación Integrada” abarca o territorio intra muros do Castro de San Vicente e as áreas inmediatas aos distintos accesos ao interior da Muralla. Segundo os datos do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Monforte de Lemos, no casco histórico reside unha parte importante da poboación do Concello, aproximadamente 4.200 persoas. Neste ámbito a densidade de edificación é alta e a ocupación elevada. A zona interior correspóndese co recinto máis antigo da cidade e coa área de rehabilitación proposta, onde a tipoloxía edificatoria é a de vivendas unifamiliares.
Posteriormente, o 22 de xullo de 2015 amplíase a área ao ámbito comprendido para o Conxunto Histórico e zonas de respecto. O ámbito de actuación coincide coa delimitación do Conxunto Histórico que se corresponde co declarado Ben de Interese Cultural mediante decreto 187/2005, do 16 de xuño. Ocupa unha extensión de 57,95 hectáreas e nela sitúanse 1.787 vivendas susceptibles de rehabilitación, máis do 60% da edificabilidade sobre rasante ten uso residencial de vivenda habitual.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.