Conxunto Histórico de Castro de Rei

Área de Rehabilitación de Centro histórico
Castro de Rei

O concello de Castro de Rei conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente pola orde de 10 de xullo de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) do 24 de xullo de 2020.

O ámbito conta cunha superficie de 130.210 m2 e abrangue o conxunto histórico, o solo urbano contiguo, o solo de núcleo rural da parte adxacente do núcleo rural de Portomuiño ao Norte, o solo de núcleo rural de Samesugueiras ao Sur, así como o solo urbano inmediato polo Sureste ata o cruce coa estrada a Prevesos.

Esta área foi declarada o 24 de febreiro de 2021 e comprende un número total de 88 inmobles con 76 vivendas en 67 edificacións de carácter residencial e 21 inmobles doutra tipoloxía.

Imaxe aérea

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.