Conxunto Histórico de Cambados

Área de Rehabilitación de Centro histórico
Cambados

O ámbito que comprende a área está caracterizado por un parque de vivendas cun contrastado valor histórico-arquitectónico, incluído dentro das normas subsidiarias do planeamento de Cambados aprobadas no ano 1994. O concello conta co Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico de Cambados, aprobado definitivamente en decembro de 1999. Con posterioridade, no ano 2001, declarouse Ben de Interese Cultural, coa categoría de Conxunto Histórico á Vila de Cambados. Esta área foi declarada o 10 de decembro de 2001 e nela sitúanse 166 vivendas susceptibles de rehabilitación.

Imaxe aérea
Conxunto Histórico de Cambados

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.