Casco vello de Vigo

Área de Rehabilitación de Centro histórico
Vigo

O barrio histórico de Vigo, estrutúrase a partir do antigo recinto amurallado e os seus barrios extra muros, comprendendo unha extensión de 24,84 hectáreas. Por decreto do 8 de febreiro de 1946, declarouse Conxunto Histórico-Artístico o conxunto parcial do barrio vello de Vigo. O barrio histórico representa a construción da cidade dende o medievo ata a actualidade, se ben as construcións novas, en gran parte, están en consonancia co entorno, aparecendo, nun ámbito pequeno, exemplos de edificios e espazos públicos de considerable importancia e de diferentes épocas. En canto á natureza arquitectónica das edificacións, hai que sinalar que se trata de unidades ben diferenciadas estruturalmente sobre parcelario miúdo e medianeiras pétreas. Esta área foi declarada o 29 de setembro de 1997 nela sitúanse 1.100 vivendas susceptibles de rehabilitación.

Imaxe aérea
Casco vello de Vigo

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.