Casco Histórico de Viveiro

Área de Rehabilitación de Centro histórico
Viveiro

O concello conta co Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco antigo de Viveiro, aprobado o 7 de agosto de 1997. A zona que abrangue a área está caracterizada por un parque de vivendas en proceso de deterioración. A delimitación que se fixa é sensiblemente coincidente coa do casco antigo. O ámbito de aplicación constitúeno edificios e espazos públicos de valor histórico-arquitectónico da área delimitada. Os usos son fundamentalmente residenciais nas plantas altas e comerciais ou de oficinas e negocios nas plantas baixas. O uso dominante da edificación no casco antigo é o residencial, e en segundo grado o comercial, asociado ás plantas baixas. Hai ademais unha certa presenza de oficinas asociadas ás institucións de ámbito municipal, que están na súa maioría concentradas nesta área.

Esta área foi declarada o 17 de marzo de 1998 e nela sitúanse 622 vivendas susceptibles de rehabilitación.

Imaxe aérea
Casco Histórico de Viveiro

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.